Unha actualizacións sobre os estudos das patoloxías derivadas do trastorno severo da personalidade congregará a máis de 70 profesionais da psiquiatría en Nigrán. Os mesmos recibirán un curso que afondará no chamado "trastorno límite" ou síndrome do "establemente inestable". Un trastorno que afecta ao 2% da poboación, segundo o Foro Galego para o Estudo da Personalidade. O encontro baixo o nome "Onde está o límite?, dificultades no diagnóstico co-ocorrencia e tratamento do TP límite", intentará capacitar no tratamento dun problema que segundo a estatísticas médicas leva ao suicidio ao 10% dos pacientes afectados.
Ciencia
Os vixiantes do ceo das Rías Baixas.
Polas noites, nos cumios do Monte Alba, A Groba ó Galiñeiro non todo é soidade. Dende hai anos, un grupo de homes e mulleres amantes da astronomía trepan ata os devanditos curutos co fin de albiscar as marabillas profundas do Universo que habitamos. Desas andainas de observación quedan rexistros fermosos e abraiantes como a fotografía que acompaña a nota, a pasaxe do cometa Garrard polo ceo galego. Este grupo de afeccionados investigadores integran a Agrupación Astronómica Rías Baixas (AARB), que dende o ano 2000 traballa na observación e divulgación astronómica no sur de Galicia.
Unha noite de estrelas con lúa chea
Como cada verán, os nosos ceos reciben unha "choiva" moi particular. As populares Perseidas, tamén coñecidas como "bágoas de San Lorenzo", terán o seu máximo de actividade na noite do venres 12 ao sábado 13 de agosto, cando se esperan da orde de 100 meteoros por hora. Con todo, a maior parte destes meteoros non será visible, debido ao brillo da Lúa que estará en fase de Lúa chea.
Para os que non poidan velo, RTVE.es retransmitirá dende a súa web a sinal de video aportada polo Instituto Astrofísico de Canarias.
Estúdase o aproveitamento enerxético das microalgas para biocombustibles e depurar augas.
O Instituto Enerxético de Galicia (Inega), adscrito a Economía e Industria, desenvolveu o pasado martes 10, na EGAP unha xornada informativa sobre o proxecto europeo EnerBioAlgae no que participa como socio e que se basea no aproveitamento enerxético da biomasa en recursos hídricos degradados ricos en microalgas.
O Facebook baixo a lupa de Julian Assang :”a máquina de espionaxe máis horrorosa xamais inventada”.
Julian Assange, fundador da WikiLeaks, manifestou que o Facebook é “a máquina de espionaxe máis horrorosa xamais inventada”. Agregou que os internautas deber ser conscientes de que cando achegan un amigo “están facendo un traballa gratis moi útil ás axencias de intelixencia dos EE.UU. Assange fixo esta advertencia nunha entrevista mantida con Rusia Today, días despois de que a rede Facebook nunha resolución unilateral dera a baixa ao sitio de WikiLeaks, con mais de 30.000 fans, alegando que promove “actos ilegais”.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL