Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia O IEM e a U. de Vigo preparan Geolodía, unha xornda de difusión xeolóxica pola Foz da Ramallosa

O IEM e a U. de Vigo preparan Geolodía, unha xornda de difusión xeolóxica pola Foz da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
geolodia_plan_valm

A SGE (Sociedad Geológica de España) xunto co AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) levarán adiante o Geolodía. Esta é unha iniciativa de divulgación da Xeoloxía que terá lugar en todas as provincias de España o vindeiro día 8 de maio. A xeira consiste nunha excursión no campo, aproximadamente 1h 30 m de duración, guiada por equipos de xeólogos, neste caso profesores da Universidade de Vigo. Para a provincia de Pontevedra terá lugar na Foz da Ramallosa.

 

Aínda que a actividade é pública as prazas están limitadas, e o prazo de solicitude ábrese o 25 de abril. Dada a participación do Instituto de Estudos Miñoranos existen un número de reservas que deberá ser cuberto antes da citada data. Por iso chámase ás persoas que teñan interese en participar na actividade, se poñan en contacto co IEM (986 360 575, Álvaro) entre as 18h e as 22h, antes do día 20 de abril, ou no e-mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .