O Goberno de Mariano Rajoy ordena someter os proxectos para extraer gas non convencional ao procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental.
Un dos autores do informe, no entanto, era Fernando Pendás, conselleiro e accionista de Vancast Exploración, unha empresa con proxectos de fracking , segundo desvelou o diario online Vozpópuli.
A polémica extracción de gas de esquisto mediante fractura hidráulica ou "fracking" será vixiada polas autoridades e sometida a control “ambiental” para evitar efectos prexudiciais na saúde dos cidadáns ou no medio ambiente. O Consello de Ministros decidiu o pasado día 15 de marzo “co obxecto de avaliar os impactos sobre o medio ambiente” destes proxectos, incluír “a obrigación de sometelos ao procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental”.