Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia Especialistas abordarán o impacto da avespa asiática e o picudo vermello no Val Miñor.

Especialistas abordarán o impacto da avespa asiática e o picudo vermello no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
ciclo silenciosas

Este xoves 5 de marzo a partir das 20.30 horas os investigadores Antón Vázquez Caamaño e Suso Asorey abordarán o impacto do picudo vermello e a avespa velutina no Val Miñor e contorna. A presentación do coloquio estará a cargo de Pablo Casal Núñez, profesor de Ed. Física e membro do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). A actividade desenvolverase no marco do ciclo "Invasoras silenciosas. Novas pragas no Val Miñor", organizado polo IEM na Aula de Cultura Ponte de Rosas (avda. da Feira 10, baixo, Gondomar).

-1º Coloquio. "O picudo vermello das palmeiras. Impacto no Val Miñor".
Relator: Antón Vázquez Caamaño. Enxeñeiro agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela. Adscrito á Consellería de Agricultura, traballa na Sanidade Vexetal Explotacións Agrairas da Delegación da CMRM en Pontevedra, nocivos de coarentena, como o cancro bacteriano do kiwi, o nemátodo da madeira do piñeiro, ou o picudo vermello que hoxe nos ocupa. Participa regularmente en actividades formativas e divulgadoras para técnicos e agricultores, ademais de publicar artigos de carácter técnico en revistas e medios profesionais.
-2º Coloquio. "A avespa velutina"
Relator: Suso Asorey. Biólogo pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialízase no mundo das abellas. Socio fundador de AGA, Asociación Galega de Apicultura (1980) e tamén da cooperativa ERica Mel (1990). En 2004 funda a Casa das Abellas, centro de visitantes adiacos a resaltar o imprescindible labor ambiental destes insectos e o valor dos seus produtos. Ten publicado un ABC da apicultura, unha Guía do apicultor. A marabillosa historia da abella apolinaria, e DA flor á mesa, historia dunha pinga de mel. Na actualidade é portavoz de AGA e secretario técnico de Erica Mel S.C.G.