Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion

Opinion

Baiona quédase cunha soa bandeira azul

Correo-e Imprimir PDF

{mosimage}Novamente as praias de Baiona se quedan sen unha soa bandeira azul, somentes nos queda a otorgada ao Porto Deportivo de Ronáutica, perdendo incluso a que tiña o Clube e Iates. A bandeira azul é un galardón europeo que prima a calidade das praias e portos depotivos, sendo unha fonte de publicidade e distinción turística que Baiona non se pode permitir o luxo de perder.

Cultura polas rúas

Correo-e Imprimir PDF
Saudamos con ledicia a iniciativa mancomunada dos tres concellos do Val Miñor xunto co colectivo Espazo Lectura. O "bookcrossing" consiste en deixar libros polas rúas para que a xente os lea e logo os volte a deixar para que outra persoa siga a cadea. Na web os lectores van deixando o rastro de lecturas dos libros deixados.

Na calor do fogar

Correo-e Imprimir PDF

A calor do fogar é intramundo de agarimo, comprensión e apoio mutuo. É núcleo de convivencia que nos forma e conforma como persoas útiles para nós mesmos e para quen nos rodea. Dános o pasaporte para unha convivencia social satisfactoria.

Mais hai veces en que o arrolo da tenrura e a íntima confianza familiar trocanse nun inferno de abusos, malos tratos, condenación e morte. 

O can blanco

Correo-e Imprimir PDF

Por este alcume coñecíase a un home moi difícil de clasificar como vai desprenderse deste relato.

Na voda de Celia - a irmá de Germán o que facía de matachín e era xogador de vantaxe nas  timbas que se facían no Bar Galicia, no Bar do Centro ou noutros lugares, para xogar ás cartas e era un experto nun xogo que parece que trouxeron os que volveran das Américas que se chamaba “Truco” ou “Flor”- serviu a mesa vestindo guantes brancos e dicindo que “xa os levara cando servira ao Rei cando estivo na mili”.

Baiona con Amadeo e Ángel

Correo-e Imprimir PDF
Quizáis nestes intres de revolución cultural que semella vai vivir Baiona esta fin de semana, con dúas formas de ver a cultura e inclusive a política tan diferenciadas e antagónicas, debería xurdir unha terceira vía que serena os ánimos e nos mova á reflexión.

Salvemos Monteferro

Correo-e Imprimir PDF
"Monteferro é un lugar con aura, cun poder magnético. Eu visitábao a miúdo na miña infancia, gozaba intensamente da súa beleza, e, por iso, está marcado no mapa da miña educación sentimental como lugar sagrado". Son palabras da escritora viguesa Rexina Vega. Hai algo máis de dous anos, perpetráronse neste monte enormes cortas ilegais de arborado, cortas que xeraron alarma social pola súa intensidade.

O galo do xefe da Estación de TEV

Correo-e Imprimir PDF
O Xefe da Estación dos Tranvías da Ramallosa tiña un pequeno galiñeiro fronte ao edificio da Estación, pasadas as plataformas de viaxeiros e entre as vías que levaban os trens para as cocheiras.
Este galiñeiro acollía unha ducia de galiñas, máis ou menos, e un galo.

Feira de abril en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Este é o mes no que na comunidade de Andalucía comezan as feiras. Ven primeiro a de Sevilla coa súa feira de abril cheo de corido e ledicia nas xentes que saen a rúa a divertirse e facer gala das súas tradicións. Milleiros de sevillanos e visitantes participan da grande festa da primavera con unha grande mostra de costumes nas que os sevillanos sacan a rúa esa chispa especial que lles ven de antigo e os fai particualrmente únicos, como dí a canción.

En que país vivimos?

Correo-e Imprimir PDF
Chegados a estas alturas do século XXI e despois do camiño percorrido, a un entralle un desacougo e unha profunda tristura - xa desbotamos a carraxe por filosofía de vida e polo grande esforzo que xuramos facer por entender aos que non nos entenden non- ao recibir novas como a que acabamos de recibir

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL