Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Baiona quédase cunha soa bandeira azul

Baiona quédase cunha soa bandeira azul

Correo-e Imprimir PDF

{mosimage}Novamente as praias de Baiona se quedan sen unha soa bandeira azul, somentes nos queda a otorgada ao Porto Deportivo de Ronáutica, perdendo incluso a que tiña o Clube e Iates. A bandeira azul é un galardón europeo que prima a calidade das praias e portos depotivos, sendo unha fonte de publicidade e distinción turística que Baiona non se pode permitir o luxo de perder.

Aquí obsérvase unha clara deixación de funcións por parte do Goberno Municipal, que presume de ser Municipio de Excelencia Turística pero que despois non pode ofertar un mínimo de calidade que nos distinga doutros concellos turísticos.

É un capítulo máis da acción do Goberno Municipal ao que non lle parece importar perder calidade turística. Iso sí, as rotondas todas fican fermosas e remodeladas. A nadie se lle escapa que isto se debe ao desigual reparto de funcións, partidas orzamentarias e reparto de persoal froito do sangrante pacto que posibilitou que o PP gobernase en Baiona. ¿Ata cando seguirá Baiona pagando os erros dos seus políticos?

 

Máis en Baionaconsciente