Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona perde tres bandeiras azuis e estrea unha nova.

Baiona perde tres bandeiras azuis e estrea unha nova.

Correo-e Imprimir PDF

Os areais baioneses da Ladeira e Santa Marta perderon o distintivo, do mesmo xeito que o Club de Iates Monterreal, con trece no palmarés. Como contrapartida, a praia urbana da Ribeira estrea bandeira, tras as últimas intervencións en accesibilidade.

O Concello baionés descoñecía onte a listaxe oficial, pero, nunha primeira valoración, o rexedor asegurou que as praias «teñen iguais ou mellores condicións que o ano pasado». O alcalde, Jesús Vázquez, manifestou: «Non sabemos en que se basearon para retirar a de Santa Marta». Na Ladeira sospeita que se debeu a «unha análise illada da auga que se practicou en novembro».


A Relación de plaias distinguidas coa bandeira azul, pode consultarse aquí.