Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas En que país vivimos?

En que país vivimos?

Correo-e Imprimir PDF
Chegados a estas alturas do século XXI e despois do camiño percorrido, a un entralle un desacougo e unha profunda tristura - xa desbotamos a carraxe por filosofía de vida e polo grande esforzo que xuramos facer por entender aos que non nos entenden non- ao recibir novas como a que acabamos de recibir
. Seica a Garda Civil pasou unha circular para que se vixiase e se controlase a unha serie de grupos e colectivos que teñen entre os seus principios a defensa do país, e a todos os que levan pegadas nos seus coches a bandeira galega coa estrela de cinco puntas en vermello. Entre a lista de colectivos puxeron ó novo e puxante grupo de Galiza Non Se Vende, que ven de constituirse e manifestarse en contra da desfeita que estamos a sufrir de norte ao sur e de leste ao oeste por toda a nosa terra. No meu coche teño un autocolante de Galiza Non Se Vende, outro de Nunca Máis e un de Non a Guerra. No salpicadeiro teño un folio co noso cabaliño de SOS Groba e na bandexa da parte de atrás outro igual. Teño un coche pequeno e non me queda moito sitio para pór máis, pero estou pensando en facer un novo autocolante que poña " Son demócrata, galego e nacionalista. Teño ideas propias e defendoas con palabras e argumentos." A esta alturas, reitero.

Si estiveramos en Estados Unidos de America xa logo nos pagaban un boleto para ir cara Guantánamo. Parece que a doctrina neocon e a nostalxia de tempos que xa considerabamos esquecidos, aínda está vixente.

Non podemos ficar calados e indiferentes. A democracia non só consiste en botar un sobre nunha urna e despois volver para a casa a agardar que pasen catro anos. A democracia é un exercicio de libertade diario. De convivencia e tolerancia, de respecto ao contrario e ao que non pensa igual. Todos somos, en conxunto, para ben e para mal, ciudadanos iguais ante a lei. Discriminar só por que se pense distinto, non cabe nun país que se chame demócrata. E non se poden tolerar "razias" de nengún tipo.

Alguén ten que dar explicacións.

SOS Groba