Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion

Opinion

Parabéns

Correo-e Imprimir PDF
Felicitar aos compañeiros de Salvemos Monteferro, e en especial a Angel e Xosé Reigosa Solleiro, polo seu traballo e o recoñecemento que significou a recollida do "V Premio de Xornalismo Nano Cambeiro", nun acto moi bonito e emotivo no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar, onte sábado.

Xesús. Arría o galo!

Correo-e Imprimir PDF
Nin se sabe quen era, nin de onde viña. Chamábanlle Xesús e por veces “Jesue” e os rapaces para cabrealo berrábanlle “Xesús. Arría o galo!”.O caso e que cando o cabreaban baixaba os pantalóns e botaba a correr, para onde fose, berrando coma un poseso A culpa de que eu ande así tena Franco!.

Sabarís R. I.

Correo-e Imprimir PDF
Sabarís, ano 1940A pequeña reseña que onte apareceu no Faro de Vigo semella a típica que se publica para enches ocos, pero nos pode levar a algunha reflexión. Logo da saturación urbanística producida no casco urbano de Baiona, a presión constructiva foise desprazando progresivamente cara a Sabarís.

Cristo Loureiro

Correo-e Imprimir PDF

O tranvía Vigo-Baiona. Foto IEMChamábanlle “Cristo” ou “Cristo Loureiro” e non se sabe o motivo ou a razón d’este alcuño.

Era un tipo moi pintureiro, moi fachendoso e coidado de si. Para presumir entre as mozas afeitábase as entradas do pelo da cabeza para semellarse ao galán do cine Charles Boyer que estaba moi de moda.

Democracia y Terrorismo

Correo-e Imprimir PDF

Se hace duro convivir con el terrorismo -esa forma salvaje de totalitarismo, sea de culebra o cuarto creciente- pero aun sería más duro el terrorismo de Estado, ya vivido por nosotros y bañado de sangre reciente en nuestras ajadas memorias.

Porqué?

Correo-e Imprimir PDF
Charla de SOS Groba en SargadelosSeica non está claro porqué algúns nos opomos a construccion dun parque eólico que condicionaría directamente 200.000 metros cadrados da serra da Groba. Tampouco está clara a nosa, en teoría contradictoria postura, pois , sendo ecoloxistas e defensores do patrimonio e a natureza, a producción eólica e a que máis e mellor fai sustentabel as dúas cousas.

José “O Portugués”

Correo-e Imprimir PDF
Ponte da Ramallosa. Foto IEMNon se sabe a ciencia certa cando apareceu na Ramallosa pero alí estivo ata que morreu.
Sábese que era portugués pola fala. Dicíase, ou se dixo, que tivera problemas coa policía ou coas autoridades do seu país, pero todo quedaba niso, suposicións, porque José xamais falou ou comentou por que viñera á Ramallosa. Ademais por aquelas datas habíache un Cabo da Garda Civil en Baiona, parés que se chamaba o Cabo Pena, que non se lle pasaba unha, e bo era para que esa fora unha de elas.

Mentres nos quede esperanza

Correo-e Imprimir PDF
Remata hoxe o prazo para presentar alegacións ao Plan Eólico da Xunta. Segundo informacións da prensa, a patronal decidiú non alegar como colectivo, si o poden facer empresas a título individual, e prefiren porse a traballar arreo para presentar as propostas para conseguir algunha das concesións previstas a partires do próximo domingo, día nove de marzo. É moito o que está en xogo e ninguén se quere arriscar a quedar fóra do reparto.

Carmen “a coxa”

Correo-e Imprimir PDF

Día de feira na Ramallosa. Foto do IEMMoitos de vós, os que teñades máis de trinta anos, lembraredes ver a esta muller acotío na estación do tranvía da Ramallosa, pois todas as tardes vendía froita alí. A súa coxeira era ben sobresainte.
Carmen estaba coxa porque se metera diante dun camión que estivera a piques de atropelar a un dos moitos fillos que tiña, e levouna por diante, iso si, ao fillo non lle pasou nada. Recibiu o golpe na cadeira deixándoa eivada.
Ela contaba esta historia e engadía, salientando a súa fortaleza, “e miren que cabalo serei que nin febre tiven”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL