Mércores, 7 Jun. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

NIGRÁN DECIDE solicitará un proceso participativo na elaboración dos orzamentos de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

jose cuevasNIGRÁN DECIDE, urxe ao equipo de goberno para que comece un proceso participativo para a elaboración dos orzamentos tanto cos grupos políticos como cos colectivos veciñais e, en xeral, toda a veciñanza de Nigrán.

"Aínda que estes non serían os orzamentos participativos propiamente ditos", para NIGRÁN DECIDE, "todo apoio aos orzamentos do Concello respecto ao procedemento de elaboración pasa por que sexan presentados aos colectivos veciñais nunha xuntanza para que estes podan facer as achegas que consideren".

O Concello de Nigrán urxe á Xunta a que estude a crecente erosión das dunas de Praia América

Correo-e Imprimir PDF

duna-praia-america"O curso do río está a cambiar de xeito natural modificando a súa vez o areal, polo que deben analizar a situación e tomar medidas si é que resulta preciso", explica o rexedor, Juan González

A situación foi comunicada hai más dun mes a Costas, que trasladou a responsabilidade á Xunta e Dirección Xeral de Conservación da Natureza, organismos aos que agora se dirixe o consistorio

Comezan as declaracións de empresarios polos presuntos amaños de concursos en Nigrán. #OperaciónPatos

Correo-e Imprimir PDF

Alberto Valverde y Jos lvarezO Xulgado Nº 7 de Vigo retomou este mércores os interrogatorios a empresario supostamente vinculados á trama de influencias e amaños de concursos denominada Operación Patos. A sala viguesa debía recibir hoxe a nove construtores para prestar declaración por suposta colaboración nos amaños de concursos en Vigo. Mañá xoves será a quenda para os empresarios vinculados a Nigrán, Vicente Costas e Antonio Vidal. Como parte da mesma investigación vencellada a Nigrán o martes 19 deberán declarar os empresarios Andrés Gonzalez e Miguel Alejos.

Nigrán mellora a contorna da Avenida Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

avenida minhorO Concello de Nigrán, tras ter mellorado as beiravías da avenida Val Miñor e Rosalía de Castro, acometerá o acondicionamento da zona de carga e descarga fronte ao número 7 da Avenida Val Miñor, creará unha praza para minusválidos e reparará o espazo de aparcamento. O prazo de execución destas obras é de un mes e o orzamento de 2.759,66 euros.

Nigrán amplía o prazo de inscrición para participar no programa de compostaxe.

Correo-e Imprimir PDF

CompostaxeO Concello de Nigrán amplía ao 15 de xaneiro o prazo de inscrición para participar no programa provincial de compostaxe comunitaria levado a cabo pola Deputación e que consiste na instalación de unidades a tal efecto no punto limpo, o que permitirán aos usuarios depositar materia orgánica e recoller a cambio abono de alta calidade de xeito totalmente gratuíto. Estes estarán á disposición dos veciños que se apunten e de locais de restauración, onde se xera gran cantidade de residuo idóneo, como sobras de comida, froitas e verduras, cascas de ovo, restos de cafe.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL