Xoves, 7 Dec. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O pleno de Nigrán aproba as novas tarifas para os taxis do concello.

Correo-e Imprimir PDF

taxis-nigranAs tarifas aprobadas para o transporte urbano en autotaxis para Nigrán supoñen unha percepción mínima de 3,75 euros (inclúe percorrido de 1.500 metros ou tempo equivalente), a maiores son 1,05 euros por km percorrido e 16,20 euros por hora de espera.

A tarifa nocturna (días laborais de 22 a 6.00 horas, sábados dende as 15.00 horas, domingos, festivos e 24 e 31 de decembro) é de un mínimo de 4,50 euros, con 1,26 euros por km percorrido e 19,44 por hora de espera.

Veciño de Nigrán esnaquiza unha farola da rúa Mirambell ao conducir baixo os efecto do alcohol.

Correo-e Imprimir PDF

furgoneta2mirambellA Policía Local de Nigrán detivo a noite do martes a un veciño do municipio (F.M.C.) de 62 anos tras chocar cunha farola e arroxar un resultado positivo por alcoholemia de 0,99 mg/litro de aire aspirado. Practicamente o cuádruplo do permitido.

Derruban o muro da pista de frontón que invadía parte da Estrada pola Vía en Lourido.

Correo-e Imprimir PDF

derrubo-fronton-louridoO Concello de Nigrán informa do derribo do muro da pista de frontón que invadía a beirarrúa e obrigaba un estreitamento da Estrada pola Vía á altura de Praia América (Lourido). "E historia dende onte" sinala o escrito municipal que lembra que o seu derrube era un reclamo deste goberno do socialista Juan González.

Nigrán honrará a memoria de Humberto Baena, fusilado polo franquismo en 1975.

Correo-e Imprimir PDF

baenafamiliaO Concello de Nigrán conmemora o 40 aniversario do fusilamento do veciño de Panxón, Humberto Baena, coa proxección do documental 'Septiembre del 75' este venres
"Non podemos devolverlle a vida pero queremos que se recoñeza a inxustiza que se cometeu", sinalou Flor Baena, irmá de Humberto, na recepción co alcalde de Nigrán
O Concello de Nigrán conmemorará o 40 aniversario do fusilamento do vigués Humberto Baena coa proxección do documental 'Septiembre del 75', de Adolfo Dufour, este venres ás 20.00 horas no Auditorio Municipal.

A Rúa Mariñeiro de Panxón volverá ao dobre sentido de circulación.

Correo-e Imprimir PDF

rua-marinheiro1200O goberno do socialista Juan González executa un dos mandatos plenarios que o anterior goberno do PP omitiu: retomar o dobre sentido de circulación de vehículos para a Rúa Mariñeiro. Para elo repintarase a vindeira semana a estrada. O Concello anuncia que ademais a medida beneficiará aos usuarios da liña de ATSA que volverá á antiga ruta, así como a diminución do tráfico fronte ao colexio de Panxón. Para o verán a rúa podería temporalmente volver ao sentido único para dar máis espazos ao aparcamento de turismos.
Retornará a Rúa Mariñeiro ao dobre sentido tras repintarse a estrada a vindeira semana

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL