O Concello de Nigrán abre nos próximos días o novo concurso de contratación para o servizo de axuda no fogar.
As bases foron enviadas ao BOP para a súa publicación, dando un prazo de 15 días para a presentación de ofertas dende que saia o anuncio
O prego, cun aumento de 20.000 euros (de 145.000 euros a 165.000) inclúe como novidade requisitos específicos para garantir tódolos dereitos dos traballadores
O Concello de Nigrán afirma que enviou esta semana para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o anuncio para a contratación do servizo de axuda no fogar, que se fará efectivo nos vindeiros días e que dá un prazo de 15 días de presentación de ofertas. O novo prego de condicións ascende de 145.000 euros ao ano a 165.000 e ao mesmo tempo aumenta o período de prestación do servizo de un a dous anos.