Xoves, 30 Nov. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O Concello de Nigrán inicia o borrado do carril bici do paseo de Praia América feito polo anterior goberno.

Correo-e Imprimir PDF

Acera biciO goberno socialista argumenta que foi unha realización que plantexaba un conflicto na circulación de viandantes e ciclista. Comunica que "exeita improvisar en actuacións deste tipo e aposta por un plan de mobilidade municipal supervisado por técnicos para crear sendas ou carrís-bicis seguros e eficaces"

"Facelo foi un despropósito porque en lugar de conciliar intereses crea conflitos e resulta perigoso ao estar invadido por macetas, farolas, bancos e ocupar o 100% da beirarrúa en moitos tramos... Por iso sempre nos manifestamos en contra", explica o alcalde, Juan González.

Malestar en Nigrán ante un desplante da Xunta ás autoridades locais nunha visita oficial.

Correo-e Imprimir PDF

rey varelaAo goberno socialista de Ningrán non lle sentou nada ben que o conselleiro de Política Social da Xunta, José Manuel Rey, visitara ás instalacións da Residencia de Tempo Libre de Patos sen que as autoridades municipais tivesen información ao respecto e non fosen convidadas ao encontro do conselleiro.

O equipo do alcalde Juan González lamentou nun comunicado "a falta de respecto institucional da Xunta de Galicia nas visitas do seus conselleiros ao municipio". Salientou que o goberno local "celebra a presenza do conselleiro pero critica que non se lle trasladase ningún tipo de invitación ou información ao respecto"

O Concello dá coñecer o programa de actividades que fornecerá o Nadal das parroquias de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

208593Papá Noel terá unha intensa actividade neste Nadal de Nigrán. O día xoves, percorrerá coa súa carroza os camiños de Chandebritos e surfeará cos seus amigos nos areais de Patos,. O sábado terá unha festa cos cativos en Panxón, bailará coa Rondalla de Parada polas rúas do municipio até a Ramallosa, e cantará cos coros de Prieuge, A Carrasca e Chandebrito. Finalmente o domingo participará da gran proba deportiva solidaria da San Silvestre.

Goberno de Nigrán denuncia atrancos no inicio das Escolas Municipais e responsabiliza ao PP.

Correo-e Imprimir PDF

Denuncian que o goberno tivo que “tramitar de cero a contratación dos monitores ante a intención do anterior rexedor de privatizar o servizo”

O Concello de Nigrán abre o luns 26  os prazos de inscrición para as actividades contempladas no programa socio-cultural e deportivo. Estas deberán facerse no Pavillón Municipal de Panxón de 10,00 a 13,00 horas e de 18,00 a 20,00 horas (son 15 días de prazo de inscrición).

Denuncian que o anterior goberno tiña a intención de entregar a unha empresa privada a xestión de todas as actividades, “algo totalmente en contra das ideas do actual goberno, que aposta por que este servizo sexa sempre público”, afirman.

Nigrán bota andar un plan pioneiro a prol da eliminación de barreiras físicas e intelectuais na accesibilidade.

Correo-e Imprimir PDF

nigran para todosUsuarios, persoal do Concello e o profesor de Dereito Jacinto Lareo analizarán a casa consistorial, unha farmacia e a oficina de correos

Este venres celebraranse unhas xornadas informativas no Auditorio Municipal nas que participarán usuarios do centro, profesionais da arquitectura, o dereito, e a comunicación.

O Concello de Nigrán e o Centro de Educación Especial Juan María, en Parada, unen forzas nun proxecto pioneiro en Galicia destinado a promover a inclusión e mellorar a accesibilidade no municipio, adiantándose e mellorando deste xeito a lei de accesibilidade de Galicia aprobada este ano. A iniciativa “Un Nigrán para todos” será explicada polo miúdo este venres nunhas xornadas informativas no Auditorio Municipal ás 20.00 horas na que participarán profesionais de diferentes ámbitos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL