Os veciños de Nigrán poderán solicitar a prestación económica de pagamento único que convoca a Xunta de Galicia por fillo menor a cargo co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos do cativo, establecendo deducións da cota íntegra antonómica do IRPF.
Como novidade, este ano a contía da axuda variará en función do número de orde que ocupe o menor de tres anos na unidade familiar, podendo ser as contías de 360, 1.200 e 2.400 euros.
Poderán ser beneficiarios todas aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos á data do 1 de xaneiro de 2016 e que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2014, nin eles nin ningún membro da unidade familiar.
A solicitude deberase acompañar coa seguinte documentación: unha fotocopia do libro de familia completo, o certificado do padrón da unidade familiar, o certificado IBAN a nome do solicitante (pai, nai ou titor) e outra documentación para casos excepcionais.
As solicitudes poderanse presentar no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán (planta baixa) antes do 3 de marzo, previa cita no teléfono 986 365 000 (ext. 4 ).