Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán mellora a contorna da Avenida Val Miñor

Nigrán mellora a contorna da Avenida Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
avenida minhor

O Concello de Nigrán, tras ter mellorado as beiravías da avenida Val Miñor e Rosalía de Castro, acometerá o acondicionamento da zona de carga e descarga fronte ao número 7 da Avenida Val Miñor, creará unha praza para minusválidos e reparará o espazo de aparcamento. O prazo de execución destas obras é de un mes e o orzamento de 2.759,66 euros.

Habilitar a zona de carga e descarga consiste no asfaltado de 18 metros dende o enlace da avenida Alcalde Manuel Alonso coa Val Viñor. Asemade, eliminarase a actual praza de aparcamento accesible para crear "unha que sí cumpla con tódolos requisitos legais sobre accesibilidade a espazos públicos, circunstancia que agora mesmo non cumpre", sinalan dende a administración. Por outra banda, procederase ao arranxo do aparcamento da zona correspondente aos números 2-4. En tódalas zonas onde se desenvolverán as obras arranxarase o firme para eliminar socavóns e irregularidades.

"Como xa manifestamos en moitas ocasións, é unha prioridade deste goberno dotar de accesibilidade máxima ao municipio; actuacións sinxelas como prazas de aparcamento para minusválidos supoñen un gran cambio positivo para moitas persoas con discapacidade", explica Juan González, alcalde de Nigrán.

No mesmo entorno (na rúa Alcalde Manuel Alonso, ao lado de Concello) se levará a cabo a mellora do firme en todo o tramo. Ademáis, no cruce con Vilameán e Avenida Val Miñor, se instalará un paso peonil elevado antes de chegar ao cruce con Vilameán para diminuir así a velocidade dos vehículos e mellorar a seguridade. "Neste caso concreto tamén queremos dar solución ao problema de tráfico na pequena rotonda existente, así que tamén será eliminado o paso de cebra actual para reubicalo", explica o rexedor, Juan González.

En Vilameán tamén se proxecta outro paso peonil elevado e, xa no tramo próximo á rúa Pedrosa, ampliaranse 39 metros de calzada. Por outra banda, co fin de crear "sendeiros seguros", operarios municipais xa abriron o espazo necesario para a construción de beirarrúas que discorrerán dende a Praza do Concello e ao carón das escolas infantís e antigas casas dos mestres, "o que permitirá un acceso peonil, ao tempo que se dará máis protagonismo á Praza", engaden

"Tratase de deseñar un Nigrán pensando nas persoas, tendo en conta sempre ao peón como prioridade máxima", afirma González.