Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Supervisan os traballos de saneamento no barrio de Lousado en Borreiros. #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

lousado borreirosO alcalde Francisco Ferreira e mais a responsable de Vías e Obras, visitaron este venres o barrio de Lousado onde se está a levar adiante traballos de saneamento.

O próximo xoves instálase a revisión da ITV móbil en #Gondomar para maquinaria agrícola.

Correo-e Imprimir PDF

maquinaria-agricola-segunda-manoO vindeiro xoves 13 de agosto, de 9 a 13:30 horas estará dispoñible a revisión para ITV de maquinaria agrícola. A mesma estará instalada xunto ao campo de fútbol de A Pasaxe no polígono industrial de Vincios. Pode solicitarse cita previa na web da empresa sycitv.com

#Gondomar estrea as novas pistas de tenis de As Cercas

Correo-e Imprimir PDF

pistas tenis gondoSerá coa disputa do 7º Open de Tenis Concello de Gondomar, que con máis de 100 competidores dará inicio na mañá do luns. As pistas recentemente rematadas e acondicionadas serán a sede destes xogos organizados polo Club de Tenis Gondomar.

Noite de ska e música balcánica co concerto The Turre’s Band na Alameda de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

turresbandA banda orixinaria en Mos e creadora de "Sanja Samba", "Muñeira Ska" ou "Mundo Cocek" subirá ao escenario municipal da Alameda este sábado 8 de agosto ás 22:30. The Turre's Band está composta por unha ducia de músicos que mesturan instrumentos de vento e percusións para dar ás súas composicións un cheiro balcánico inda que sen perder o "sotaque" local.

O mestre Manuel Olegario e a súa acordeón todos os venres no Pazo da Escola de Mañufe.

Correo-e Imprimir PDF

pzo da escolaEnriba do barrio de Moreira, fronte ao campo de festas e o mociño que vixía dende a cruz de San Vicente, a acordeón de don Manuel Olegario Rodríguez Escudero poderá ser escoitada. A cita é para os venres de agosto de 20 a 21:30 nos históricos xardíns do Pazo da Escola, sobre a estrada Rogelio de la Granja. A xente da Escola pon petiscos e frautas a prezos populares.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL