Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Rapaza coa familia en paro reclama asistencia do Concello de Gondomar cunha campaña en Change.org

Correo-e Imprimir PDF

agorasi"Agora Siiiiii!!! En honor o meu alcalde Paco" leva por título a campaña na plataforma Change.org a través da cal a moza Ángeles González Zapata quere chamar a atención do rexedor de Gondomar sobre a difícil situación familiar pola que atravesa a súa familia.

"Hola, me llamo Ángeles Zapata vivo con 2 hermanos más y mi madre (todos en paro) con ayuda familiar de 319€, pagamos 280€ de alquiler y no recibimos ningún tipo de ayuda económica por parte de asistentas ni ayuntamiento, solo del banco de alimentos por parte del ayuntamiento de Gondomar,solicitamos en febrero hace un año una ayuda para el alquiler cosa que se le pregunta a la asistenta de gondomar y no hai noticias, si el alcalde de Gondomar tiene un gueco en su agenda para reunirse con protectoras de animales cosa que me parece muy bien que traiga para gondomar porque no se reúne con familias así que pasa necesidades en las que se debería centrar,pensar LO QUE COBRA MI MADRE ES UNA CALDERILLA COMPARADO A LO QUE COBRA NUESTRO ALCALDE", di textualmente este petitorio que se espallou nas redes sobre a medianoite deste luns 11 de xaneiro.

Trasladan os alimentos almacenados no CDL de Gondomar en prevención dunha nova crecente do Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

almacen gondomarOs alimentos almacenados na planta baixa do Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar foron colocados a bo recaudo nun opertativo conxunto do Concello e voluntarios de todo o Val Miñor. A enchente do río Miñor fixo temer que as augas ingresaran na planta biaxa da vella escola, polo que a Concellaría de Servicios Socias que xestiona Rocío Cambra, dispuxo o traslado urxente das existencias a outras dependencias municipais, logrando que o material non fora afectado.

A riada inunda garaxes, fincas e comercios en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

riadaGondomar2016Unha intempestiva riada volveu a afectar a veciños e comerciantes de Gondomar. Baixos, garaxes na zona da praza Rosalía de Castro e a Praza de Abastos quedaron inundados nunha crecida na confluencia dos ríos Zamáns e Miñor. Sobre as 10 da mañá podíase ver aos afectados carrexar vehículos coa axuda da policía local dende os garaxes indundados. Pola súa banda, os comercios da zona e sobre todo na Praza de Abastos apuraban o retiro de mercadoiras sen dar crédito da rapidez da crecida.

No mesmo intre, as augas do río Miñor anegaron vivendas e comercios no barrio de Moreira, na parroquia de Mañufe e case arrastran a varios coches estacionados próximo á Ponte de Mañufe.

Apicultores ofrecen charla informativa sobre a Vespa Velutina en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

frelon1 1A charla celebrarase o próximo domingo día 25 as 11.00h, no Centro Neural-Xefatura de Policía de Gondomar sendo a entrada de balde e aberta a tódalas persoas interesadas.

Falarase sobre o que compre saber sobre a vida e comportamento da vespa velutina Nigrotorax, cales son os colectivos afectados, a elaboración e colocación de  trampas e eliminación de niños.

Subvención da Deputación permite a adquisición de novos traxes para os músicos da banda de Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

banda vincios traxeA directiva da Agrupación Musical de Vincios comunica a adxudicación dunha subvención por parte da Deputación de Pontevedra que permitirá a adquisición de novo vestiario.

A axuda de 1.104 euros, segundo dá conta a agrupación foron investidos en novos traxes para os músicos da banda.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL