"El ayuntamiento no contribuirá a que el casco urbano sea una escombrera, un peligro para la salud, un despropósito paisajistico y medioambiental, etc..." Así se expresaba o socialista Francisco "Paco" Ferreira na súa páxina de alcalde en Facebook en relación ao anuncio do soterramento do tanque de tormentas a carón do edificio "As Garzas" na rúa Curros Enríquez, no centro de Gondomar.
Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor
Paco Ferreira : “El ayuntamiento no contribuirá a que el casco urbano sea una escombrera”. #Gondomar
Finalmente será soterrado o polémico tanque de tormentas de Gondomar sobre o río Miñor.
Finalmente será soterrado o polémico tanque de tormentas aberto por Augas de Galicia sobre o río Miñor a carón do edificio "As Garzas" na rúa Curros Enríquez, no centro de Gondomar.
As protestas veciñais pola afectación medio ambiental da infraestrutura foron atendidas pola nova corporación do socialista Francisco Ferreira, quen concorrerá persoalmente a supervisar os traballos o vindeiro venres.
Esgótanse en 48 horas as prazas para visitar en agosto o Pazo do Conde de Gondomar.
Hoxe tivo lugar a primeira delas, con total de 50 visitantes. O concelleiro de Turismo local, Josué Villar estuda incrementar as saídas aos meses de setembro e outubro. Boa parte da demanda provén de veciños do municipio segundo fontes da concellaría.
Os alcaldes de Vigo e Gondomar instan á Xunta a reformar a lei de area metropolitana "o antes posible"
O abastecemento de auga e o transporte metropolitano centraron a reunión mantida entre os alcaldes Abel Caballero (Vigo) e Francisco Ferreira (Gondomar), o pasado venres. Segundo deron coñecer aos medios, acordaron que a lei de área metropolitana debería reformarse o antes posible. Durante o encontro que mantiveron esa mañá, ambos mandatarios coincidiron ao cualificar a reunión de moi "satisfactoria."
O Concello retoma as visitas guiadas ao Pazo do Conde de Gondomar.
Xa están abertas as inscricións para a primeira delas que será o vindeiro martes de agosto ás 17:30 horas. O paseo de aproximadamente unha hora será guiado por persoal da oficina de turismo local. Os interesados en inscribirse deben dirixirse á Oficina de Turismo (Avenida da Feira) ou no Centro de Desenvolvemento Local (colexio vello) de 10 a 14 horas. Tamén no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e nos teléfonos 608048978 ou 616633273. Hai un límite de 40 prazas e a inscrición pecha o luns ás 14 horas. Actividade gratuíta.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL