Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A concellaría de Medio Ambiente de Gondomar promove a reciclaxe nos colexios do municipio.

Correo-e Imprimir PDF

jimenaDurante esta semana e a anterior fixéronse charlas orientadas ao fomento do reciclaxe dirixidas a nenos e nenas entre 8 e 12 anos dos catro colexios do término municipal (>400 en total)

As charlas foron organizadas e impartidas por un técnico de formación de Grupo Soil, empresa xestora do Punto Limpo do municipio que tamén presta o servizo de recollida selectiva de envases lixeiros no Concello, en colaboración da Concellería de Medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade, dirixida por Jimena Varela

Preocupación en Gondomar por un novo parón nas obras de construción do Centro de Saúde.

Correo-e Imprimir PDF

Unha consulta da deputada autonómica Consuelo Martínez García esixe á Xunta de Galicia explicación ante un novo parón da construción do centro de Saúde de Gondomar. A representante foi alertada dende Manifesto Miñor, e solicitará garantías sobre a solvencia da empresa encargada así como informes sobre a situación do enclave da obra, na zona de enchentes do río Miñor.

Podemos organiza en Gondomar unha charla debate sobre o futuro das pensións.

Correo-e Imprimir PDF

shapeimage 3Pensións públicas ou plans privados? Dende esa pregunta partirá este coloquio onde participarán o economista Xabier Pérez Dávila e a activista social e feminista Ángela Rodríguez Martínez, candidata de Podemos ao Congreso dos Deputados.

Veciño de Gondomar detido "in fraganti" cando intentaba saquear a cafetería dun centro social.

Correo-e Imprimir PDF

coche-policia2Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a un mozo residente en Gondomar , de 22 anos de idade, por un delito de Roubo con Forza.  A persoa detida conta con 20 antecedentes policiais por delitos similares segundo da conta un comunicado do corpo de seguridade.

Operativo

Os feitos tiveron lugar a pasada madrugada, cando se recibe chamada na Sala Operativa do 091, na cal un cidadán informa que viu a un individuo en actitude sospeitosa entre os coches estacionados na rúa Lourido, polo que se comisionou a dúas dotacións policiais camufladas para que acudisen a comprobar que sucedía.

O BNG demanda do pleno de Gondomar accións de apoio ás persoas refuxiadas e migrantes en Europa.

Correo-e Imprimir PDF

siria acnurSinalan que o BNG, ante a crise humanitaria que se está a vivir, esixe, tamén desde os concellos, que a Unión Europea mude “de forma radical e urxente as políticas de blindaxe por outras de axuda e acollida digna ás persoas refuxiadas e migrantes, e denuncia abertamente as políticas imperialistas e de intervención militar que están detrás desta situación”.

Nese senso a responsable local, Manuel Rodríguez Pumar ven de presentar unha moción para o seu debate no pleno do vindeiro xoves na que solicita deste os seguintes acordos:

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL