Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A Garda Civil tras os responsables dun vertedoiro de residuos perigosos en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

3vertedoiro-gondomarInvestíganse a tres persoas por senllos delitos contra os recursos naturais, o medio ambiente e falsificación de documentos.

A Garda Civil investiga a tres persoas acusadas da comisión dun delito contra o medio ambiente e os recursos naturais tras descubrir un almacenamento, supostamente ilegal, de residuos perigosos no municipio de Gondomar.

A investigación iniciouse a finais do ano pasado polo Equipo do Seprona de Vigo cando tivo sospeitas de que se estaban utilizando residuos de construción e demolición mesturados con asfalto no reencho da obra dun cemiterio no municipio de Tomiño.

Este venres preséntase En Marea na vila de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

en mareaXosé Luís Méndez Ferrín, candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra, atópase entre a lista de persoeiros políticos que acompañarán a presentación electoral de En Marea en Gondomar. Esta forza política que congrega en Galicia a PODEMOS, ANOVA e Esquerda Unida, xunto con outras formacións independentes, presentará as súas propostas cara as eleccións xerais do vindeiro 26 de xuño. O acto terá lugar este venres 17 de xuño ás 19 horas o Auditorio Municipal Lois Tobío.

A Universidade asina dous convenios coa CMVMC de Couso, en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

g1Desenvolvemento de proxectos de investigación; organización de cursos, conferencias, simposios e seminarios; apoio a investigadores e estudantes; colaboración en proxectos culturais de interese común... A Universidade asinou este luns dous convenios de colaboración coa comunidade de montes da parroquia de Couso en Gondomar, un acordo marco xeral que promove a colaboración entre ambas entidades e outro específico para a posta en marcha de diferentes accións de I+D colaborativo no ámbito da sustentabilidade social e ambiental na xestión do monte comunal.

Gondomar urxe a intervención da Xunta no conflito do transporte interurbano para adherirse ao convenio metropolitano

Correo-e Imprimir PDF

reuniontransporte 2O alcalde, que mantivo xa tres reunións coas dúas empresas -ATSA e MELYTOUR- atisba "discretos avances nas negociacións".

Gondomar é xunto con Vigo o único municipio que permanece á marxe do convenio do transporte metropolitano da Xunta e así continuará mentres a administración autonómica non medie no conflito que manteñen as dúas compañías que prestan este servizo no municipio.

Gondomar Concello Aberto convoca unha asemblea aberta á veciñanza.

Correo-e Imprimir PDF

acg-paulinhoGondomar Concello Aberto convoca a toda a veciñanza de Gondomar a unha asemblea que se celebrará no Centro Neural o vindeiro martes, día 26, ás 20 horas para tratar os seguintes temas: representantes na Axenda 21, propostas do grupo de transparencia, informacións dos concelleiros de Cabe e recollida das inquedanzas e propostas dos asistentes

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL