Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Manifesto Miñor presentará ao pleno medidas solidarias para acoller refuxiados en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

refugiados-680x365 c Sostén que estase ante unha catástrofe humanitaria que se está a vivir nas fronteiras europeas. A edil Rocío Cambra, responsable de Benestar Social de Gondomar presentará unha moción ao pleno co xeito de preparar o concello ante a posible acollida de refuxiados. Nese senso propón adherir a Gondomar á Rede de Cidades e Concellos Refuxio, preparar un rexistro de familias voluntarias para a acollida destas persoas e convocar a entidades sociais que poidan colaborar solidariamente.

Continúan os vertidos de “augas negras” no río Morgadáns

Correo-e Imprimir PDF

cano rio morgadansVeciños de Chaín denuncian por terceiro ano consecutivo os vertidos de de “augas negras” á altura da ponte do barrio de A Torre.

Tanto a impureza das augas que verte unha tubaxe que desauga na canle como o cheiro que emite, sobre todo nos días de verán espertan o enfado desta veciñanza.

A Garda Civil descúlpase por non atender denuncia dun veciño de Gondomar “por falar en galego”.

Correo-e Imprimir PDF

resposta-garda-civil--236x300A Mesa pola Normalización Lingüística vén de facer pública a resposta da Garda Civil á denuncia dun caso de discriminación lingüística no cuartel de Gondomar denunciado este mes de agosto.

Segundo as queixas recibidas pola Mesa a través da Liña do Galego, un funcionario do cuartel da Garda Civil de Gondomar negouse a atender a chamada dun veciño de Gondomar porque este se expresaba en galego. Xosé Luís Alborés, veciño de Gondomar,chamara ao cuartel para se interesar se era ou non conveniente cursar unha denuncia contra un veciño, "con antecedentes penais", que o ameazara con baterlle cunha pedra. "chamou por teléfono ao cuartel da Garda Civil de Gondomar para expor un problema. Ao comezar a relatar o seu caso, a persoa que atendía o teléfono pediulle que "non le hablase en gallego, que le hablase en español".

#Gondomar CABE rexeita as gabanzas a ex alcaldes do PP feitas polo rexedor Paco Ferreira (PSOE)

Correo-e Imprimir PDF

poli-gondo-alcaldesAs gabanzas tiveron lugar durante a presentación da nova sede policial e posteriormente recollidas pola prensa, segundo Gondomar Concello Aberto (CABE). Segundo esta formación, as mesmas foron dirixidas aos ex alcaldes do PP Ramón Sestelo e Carlos Silva. Nelas, o actual rexedor de Gondomar, Paco Ferreira (PSOE) tería expresado a súa satisfacción "por la concurrencia de alcaldes a los que debemos mucho".

Políticas, fotos e declaracións como as do Sr.Alcalde de Gondomar onte na inauguración das novas instalacións da Policía Local son radicalmente contrarias á ética e as compromisos adquiridos polo goberno e as formacións políticas que o sustentan ante a cidadanía e ante o pacto de goberno”, sinala esta plataforma veciñal, socia no goberno dos socialistas e con 3 concelleiros na corporación.

#Gondomar limpa os colectores de lixo e pide respecto polas normas de bo uso á veciñanza.

Correo-e Imprimir PDF

limpeza gondomarO Concello de Gondomar anuncia está levando a cabo unha campaña de limpeza de todos os colectores de lixo do termo municipal.

Sinalan que por primeira vez estase a realizar o lavado dos colectores con desengraxante para limpar as paredes e o fondo dos residuos que quedan adheridos aos colectores. Engaden que o tratamento conleva a utilización de espuma con bactericida que perfuma o colector e o mantén durante máis tempo limpo. Todo o proceso está feito con auga quente, segundo explicacións recibidas pola alcaldía da empresa GESECO, concesionaria do servizo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL