En total 70 condutores deron positivo nos controis de consumo de alcohol e drogas desenvolvidos na provincia durante a madrugada do domingo. A Garda Civil, desenvolveu un total de 1205 probas nas estradas provincias, sendo o saldo de 25 positivos por drogas e 45 por alcohol segundo datos do corpo de seguridade.
Sociedade
Tráfico detecta 70 condutores alcoholizados ou drogados no primeiro control do Nadal na provincia de Pontevedra.
Mañufe inicia unha recollida solidaria de alimentos para o Nadal
A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe desenvolve una campaña de recollida de alimentos non perecedoiros entre a veciñanza. Os mesmos deben achegarse ao centro cultural da parroquia e terán por finalidade apoiar a familias do concello de Gondomar.
Mulleres de ciencia fornecen a “Axenda Feminista 2016”.
"As obras feministas non son só para mulleres" advirte a empresaria Patricia Porto Paderne, quen lidera o proxecto cultural Lila de Lilith. Libraría, espazo de eventos e pequena editorial con sede en Santiago o proxecto presentará a axenda feminista 2016 en Pontevedra. Elas na ciencia leva por título este traballo desenvolvido polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e que que foi presentado este sábado no Espazo Libro do Culturgal 2015
Detida tras conducir pola rúa Monteferro co cuádruplo de alcohol permitido.
A Policía Local de Nigrán detivo a noite do domingo a unha muller (M.B.G.R) de 49 anos nacida no municipio pero veciña de Oia tras observar como circulaba claramente baixo os efectos do alcohol e arroxar un resultado positivo de 1,22 mg/l de aire expirado.
A condutora rexistrou máis do cuádruplo do permitido.
Incautan plantas de marihuana nunha leira da Rúa Mariñeiro en Panxón.
A Policía Local de Nigrán comunica a incautación de cinco plantas de marihuana nunha leira situada en rúa Mariñeiro (Panxón).
Aseguran que ditas plantas eran "perfectamente visibles desde a vía pública" e, ao observalo, os axentes procederon ao seu decomiso ao constituír unha infracción administrativa, á vez que remitiron a denuncia á Subdelegación de Goberno en Pontevedra.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL