O domingo 27 de setembro as dez da mañá , 8 veciños de Gondomar convocados por Proxectos Ríos , participaron un ano máis da convocatoria que se fai a nivel de toda Galicia para limpar os cursos fluviais. Neste caso, a intervención realizouse no primeiro curso do río Miñor, dende a ponte do Matadoiro ata a ponte de Mañufe.
Os voluntarios recolleron dúas toneladas de resíduos entre a canle e a beira do río. Plásticos de diferentes tamaños e orixes, porexpan, botellas de vidro, roupa e ferralla diversa foron o lixo que recolleron os voluntarios o longo de toda a mañá do domingo.