Crean un perfil en FB e en twitter co famoso dinosauro instalado inicialmente na rúa Rosalía de Castro. O incendio de Freiremar serviu para facer numerosas composicións "memes" con este seto sauro.
Hai pouco máis de dous meses que o "Dinoseto", un seto con forma de dinosauro, é a nova atracción de Vigo. Primeiro o concello colocouno nun parque infantil de Navia, pero visto o seu éxito, decidiu trasladalo á céntrica rúa Rosalía de Castro, onde foi motivo de numerosos comentarios, críticas e artigos xornalísticos. Finalmente foi trasladado á praza da Princesa onde a acción da calar está a pasarlle factura ao animal.