A Xunta alerta dun temporal por choiva de nivel laranxa que afectará a partir de mañá as provincias da Coruña e Pontevedra.
"Ventos fortes de compoñente sur e chuvias intensas na metade sur" é a predición meteorolóxica para este martes.
O paso do centro dunha borrasca sobre Galicia deixará unha xornada de martes marcada polos ventos fortes de compoñente sur en todo o litoral e zonas altas e precipitacións cuantiosas na franxa atlántica.