Actualización das 23:30 horas
A Policía Local de Nigrán sinala que unha patrulla desa comisaría foi quen efectuou a detención dos tres supostos integrantes da banda que cometeu once roubos en comercios da comarca. Engaden que os feitos ocorreron ás 4 da mañá desta madrugada do 8 de xaneiro no interior dun vehículo da rúa Torrente Ballester, sentido Vigo, á altura do km 14,500 da PO 325.
A identificación e posterior detención dos tres individuos produciuse tras establecer un dispositivo de estacionamientos preventivo no municipio ao ter coñecemento por medios policiais do roubo en O Porriño e Baiona (e non en Gondomar como se informara na tarde), a cargo de ocupantes dun Seat Altea branco.
Engaden que realizada unha primeira inspección do vehículo áchase no seu interior os seguintes efectos: Ordenador portátil marca ASUS sen batería, 25 tabletas de chicles, un cartón cunha ducia de ovos, unha carteira negra con 16,40 euros en moedas e unha chaqueta negra.
Ao lugar desprazouse en apoio de patrulla de Nigrán outra da de Policía Local de Baiona (e non de Gondomar como se sinalara anteriormente) e outra da Garda Civil do Posto Principal de Baiona, acordándose o traslado tanto dos identificados como dos efectos antes apuntados ao Posto Principal da Garda Civil de Baiona para realizar as xestións tendentes á plena identificación destas persoas e posible esclarecimiento dos feitos.
O vehículo foi trasladado en guindastre a depósito múnicipal de Nigrán.
...............................................................................................................................................................................................................................................................
Foron interceptados en Nigrán na madrugada logo de cometer dous roubos en Gondomar e O Porriño.
Entraban nos locais forzando as cerraduras e apropiábanse da recaudación das máquinas registradoras e tragaperras.
A Garda Civil detivo a tres mozos, veciños de Vigo, como integrantes dun grupo criminal, aos que se lles imputa a presunta comisión de máis dunha decena de roubos en establecementos comerciais no Val Miñor e concellos veciños.