Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Mulleres de ciencia fornecen a “Axenda Feminista 2016”.

Mulleres de ciencia fornecen a “Axenda Feminista 2016”.

Correo-e Imprimir PDF
650-lili

"As obras feministas non son só para mulleres" advirte a empresaria Patricia Porto Paderne, quen lidera o proxecto cultural Lila de Lilith. Libraría, espazo de eventos e pequena editorial con sede en Santiago o proxecto presentará a axenda feminista 2016 en Pontevedra. Elas na ciencia leva por título este traballo desenvolvido polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e que que foi presentado este sábado no Espazo Libro do Culturgal 2015

.Vanesa Valdeiglesias García, bióloga e Premio Universitario 2010 da Universidade de A Coruña; Josefina Ling Ling, matemática e astrónoma; Aída Fernández Ríos, oceanógrafa investigadora do CSIC; África González Fernández, directora do Cetro de Investigacións Biomédicas; Sonia Villapol Salgado, profesora de Neurociencia na Universidade de Georgetown; Alicia Estévez Toranzo, catedrática de Microbioloxía en Santiago; María Isabel Fernández García, química e investigadora; Elena Vázquez Abal, matemática do Departamento de Xeometría e Topoloxía de Santiago; Susana Martínez Conde, científica da Universidade do Estado de New York, Ana María González Noya, química da Universidade de Santiago e María Isabel Loza García, doutora en Farmacia da USC; achegan as súas testemuñas sobre igualdade de xénero no mundo científico. A axenda as recolle na cabeceira de cada mes.
Sinala Patricia Porto que a axenda está feita integramente por mulleres como o resto das obras vinculadas ao seu proxecto Lila de Lilith. "Lila de Lilith só ofrece literatura escrita por mulleres porque aposta a visibilizar a mirada feminina do mundo, especialmente das galegas. Mais non por isto son produtos culturais que exclúan aos homes. O contrario".