Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Escarlatina, a cociñeira defunta achega receitas no Culturgal.

Escarlatina, a cociñeira defunta achega receitas no Culturgal.

Correo-e Imprimir PDF
victor-rivas-e-ledicia-costas

Sobre a morte non está todo dito. Doutro xeito difícil é de explicar o grande éxito da novela Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014), de Ledicia Costas, gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2015. A autora foi convidada a falar co seu público no marco do Culturgal 2015 que estase a celebrar este venres, sábado e domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra. No encontro, ducias de cativos deixaron a súas impresións e consultaron á autora sobre os personaxes e algúns dos episodios da novela que especialmente lembraban. Aprender a cociñar a carón dunha cociñeira morta é o desafío que fía este relato que deixou pegada dende a súa saída nos lectores. As receitas que vai deixando Escarlatina ao aprendiz é un dos segredos do éxito, segundo a novelista.

 

A viguesa, Ledicia Costas, estivo acompañada do ilustrador da narración, Víctor Rivas quen convidou aos pequenos a debuxar canda el personaxes e escenas da novela.

A algarabía foi grande cando Ledicia anunciou que na vindeira primavera chegará unha nova historia da cociñeira Escarlatina.