En total 70 condutores deron positivo nos controis de consumo de alcohol e drogas desenvolvidos na provincia durante a madrugada do domingo. A Garda Civil, desenvolveu un total de 1205 probas nas estradas provincias, sendo o saldo de 25 positivos por drogas e 45 por alcohol segundo datos do corpo de seguridade.
Dos 45 condutores que deron positivo, a 43 denuncióuselles por vía administrativa, mentres que aos 2 restantes instruíronselles dilixencias para o seu posterior traslado á autoridade xudicial por superar a taxa de 0,60 mg/l en aire espirado.
As penalizacións nestes casos poden chegar aos 1,000 euros e a quita de 6 puntos.
O operativo tivo lugar sobre as 6 a.m. do pasado domingo, dentro dunha campaña especial de vixilancia desenvolvida por Tráfico, no marco da tempada de comidas e cenas do Nadal. O obxectivo do opertaivo é quitar da rede viara a condutores bebidos ou que teñan consumido drogas.