Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A rede de empresas Abertos ao Galego presenta o seu catálogo de Nadal con produtos en galego.

A rede de empresas Abertos ao Galego presenta o seu catálogo de Nadal con produtos en galego.

Correo-e Imprimir PDF
catalogo nadal galego

A rede de empresas Abertos ao Galego, iniciativa promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística, difunde unha nova edición do seu catálogo de Nadal, que compila unha selección de servizos e produtos que se ofertan en galego.

O obxectivo é achegarlles aos potenciais consumidores ideas de agasallos para esas datas festivas e, ao mesmo tempo, fomentar un consumo responsable que aposte pola calidade, a proximidade e o idioma.