Venres, 18 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Detida tras conducir pola rúa Monteferro co cuádruplo de alcohol permitido.

Detida tras conducir pola rúa Monteferro co cuádruplo de alcohol permitido.

Correo-e Imprimir PDF
alcolemia elfuerte 180915

A Policía Local de Nigrán detivo a noite do domingo a unha muller (M.B.G.R) de 49 anos nacida no municipio pero veciña de Oia tras observar como circulaba claramente baixo os efectos do alcohol e arroxar un resultado positivo de 1,22 mg/l de aire expirado.

A condutora rexistrou  máis do cuádruplo do permitido.

Os axentes observaron ás 20:35 horas como un vehículo circulaba moi lentamente e con escasa pericia pola rúa Monteferro. Nada máis deter ao turismo ante a sospeita da situación a condutora comezou a falar dos seus problemas familiares á vez que despedía gran cheiro a alcohol.

Tras sometela ao test e efectuar varios sopridos incompletos finalmente arroxou un resultado positivo de 1,22 mg/l en aire expirado e transcorridos 10 minutos 1,19 mg/l. Ante esta situación , os axentes procederon á inmobilización do vehículo e instruíron a casua para a celebración dun xuízo rápido.