Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

A Agrupación Deportiva Vincios presenta a I Carreira Popular no Galiñeiro

Correo-e Imprimir PDF

s gali gondomar-A presentación da proba será o vindeiro venres 12, no Auditorio do Centro Cultural de Vincios a partir das 20.00 horas
- A cita contará coa presenza dos atletas Alejandro Gómez Cabral e Marta Fernández Otero, entre outros

Peitieiros imponse no Torneo 24 horas de Bolos Celtas en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Los-juveniles-de-Bolos-da-CO C.C.D. Bolos da Carrasca acolleu o pasado fin de semana o tradicional Torneo 24 horas de Bolos Celta, que nesta edición congregou a máis de 70 xogadores de 20 equipos prioritariamente do Val Miñor, aínda que tamén visito a cancha nigranense algún equipo doutros puntos da provincia.

Gondomar festexou a obtención do sexto título español de bolos celtas de José Rodríguez.

Correo-e Imprimir PDF

jose-rodriguez-celtaO Concello de Gondomar entregou unha placa honorífica a José Rodríguez, traballador do municipio que acaba de coroarse por terceira vez consecutiva como campión de España de bolos celtas na modalidade individual. O veciño de Mañufe, José "Pepe" Rodríguez, recibiu os parabéns do alcalde Fernando Guitián e a concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro, nun acto de recoñecemento a súa traxectoria deportiva, cun palmares de seis títulos nacionais.

Manolo Sanchís dirixirá un campus de fútbol de verán en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

-Terá lugar nas instalacións do campo de Fútbol Municipal das Cercas durante o mes de xullo

O Gondomar Club de Fútbol contará coa colaboración da Deputación de Pontevedra na celebración do seu centenario

Correo-e Imprimir PDF

-O alcalde do municipio Fernando Guitián e a directiva do club gondomareño mantiveron unha reunión con Begoña Estévez, deputada provincial de deportes
-A cita supuxo unha primeira toma de contacto entre ambas as dúas institucións co fin de establecer vías de colaboración para a organización do centenario do Club
- A Deputación aceptou colaborar co Gondomar Club de Fútbol en todas aquelas actuacións que sexan obxecto da súa liña de subvencións
O Gondomar Club de Fútbol traballa xa con vistas ao Centenario de 2014. A pasada semana, o presidente acompañado do secretario do club e do alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, mantiveron unha reunión coa deputada provincial de deportes, Begoña Estévez, para falar da coordinación deste acontecemento.

Baiona recupera as populares travesías a nado nas praias do municipio.

Correo-e Imprimir PDF

travesia-nautica-baionaO vindeiro 13 de Xullo a partir das 19.00 horas, e desde a Praia da Ribeira, o concello de Baiona conxuntamente coa Piscina Mancomunda do Val Miñor, organiza a IV Travesía a nado Concello de Baiona, afianzando así unha proba deportiva que desde o 2005 non se realizaba.

O campo As Cercas de Gondomar acollerá as III Xornadas de Xogos Populares para alumnos de 4º de primaria do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

As-CercasEste venres 31 de maio, a partir das dez da mañá, no campo das Cercas de Gondomar, os colexios do Val Miñor organizan unha xornada de xogos populares para o alumnado de 4º de Primaria. O número aproximado de participantes será de 300, acompañados polo seu profesorado. A este número hai que engadir os monitores e monitoras de Sexto de Cruz-Camos e Xosé Neira Vilas de Peitieiros.

A mostra fotográfica de Kike Salgueiro abre este mércores o Rallye Rías Baixas en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Joan-VINYES-Suzuki-Swift-S1-A 49ª edición o Rallye Rías Baixas botará o freo no municipio o próximo venres 31

- Como aperitivo, o Concello e o Equipo Rías Baixas organizan mañá mércores unha exposición fotográfica, unha exhibición de vehículos e unha charla- coloquio

Máis de 200 nenos despiden o curso das escolas deportivas de Nigrán en Panxón

Correo-e Imprimir PDF

polideportivo-panxonMáis de 200 nenos e nenas daranse cita este martes 28 de maio no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón para despedir o curso das escolas deportivas municipais. Os pequenos demostrarán as  habilidades adquiridas ao longo dos últimos meses con exhibicións nas súas respectivas modalidades deportivas –taekwondo, tenis e patinaxe artístico-.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL