Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Peitieiros imponse no Torneo 24 horas de Bolos Celtas en Nigrán.

Peitieiros imponse no Torneo 24 horas de Bolos Celtas en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Los-juveniles-de-Bolos-da-C

O C.C.D. Bolos da Carrasca acolleu o pasado fin de semana o tradicional Torneo 24 horas de Bolos Celta, que nesta edición congregou a máis de 70 xogadores de 20 equipos prioritariamente do Val Miñor, aínda que tamén visito a cancha nigranense algún equipo doutros puntos da provincia.

Na categoría por equipos, os equipos de Gondomar lideraron a competición, obtendo o primeiro posto o Peitieiros B -con Francisco Javier Regueiro, Luís Enrique Pintos e Diego Camesella-, o segundo A Xunqueira -Aníbal Bieitez, Alberto González e Esteban Fernández-, e o Ceán D o terceiro posto, con Gabriel Fernández, Agapito González e Darío Fernández como xogadores.
Na categoría xuvenil obtivo o primeiro posto Daniel Gómez (Peitieiros), o segundo lugar Pablo Riveiro (A Carasca) e o terceiro Adrián Rouco (A Cararsca).