Máis de 20 equipos, na súa maioría provenientes do Val Miñor, participarán do IX Torneo de bolos Celtas Concello de Gondomar. O evento desenvolverase no campo de bolos da parroquia de Peitieros na Peroleira, os vindeiros días sábado 10 pola tarde e o domingo 11 pola mañá.
O certame está organizado polo Club de Bolos San Miguel de Peitieiros en colaboración coa Concellería de Deportes de Gondomar.