Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Manolo Sanchís dirixirá un campus de fútbol de verán en Gondomar.

Manolo Sanchís dirixirá un campus de fútbol de verán en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

-Terá lugar nas instalacións do campo de Fútbol Municipal das Cercas durante o mes de xullo


O Concello de Gondomar desenvolverá un campamento de verán de fútbol coa participación de Manolo Sanchís, ex xogador do Real Madrid e a selección española. O mesmo terá lugar nas instalacións do campo de Fútbol Municipal das Cercas durante o mes de xullo, para nenos e nenas de entre 8 e 16 anos.
O campus dividirase en dúas quendas que terán lugar do 8 ao 12 de xullo e do 15 ao 19, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Os interesados poderán realizar o seu inscrición no Concello. O custo por semana é de 60 euros. No caso de inscribirse nas dúas semanas, o custo sería de 100 euros. Por máis información a organización pon a disposición o teléfono 91 426 02 85.