Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A Agrupación Deportiva Vincios presenta a I Carreira Popular no Galiñeiro

A Agrupación Deportiva Vincios presenta a I Carreira Popular no Galiñeiro

Correo-e Imprimir PDF
s gali gondomar

-A presentación da proba será o vindeiro venres 12, no Auditorio do Centro Cultural de Vincios a partir das 20.00 horas
- A cita contará coa presenza dos atletas Alejandro Gómez Cabral e Marta Fernández Otero, entre outros

A Agrupación Deportiva Vincios presenta, este próximo venres 12, a I Carreira Popular no Galiñeiro. A cita, que dará comezo ás 20.00 horas no Auditorio do Centro Cultural de Vincios, contará coa presenza dos atletas Alejandro Gómez Cabral e Marta Fernández Otero, que falaránsobre o Atletismo no Monte Galiñeiro. Espérase, tamén, que asistan membros do Concello de Gondomar, da Comunidade de Montes, Asociación de Veciños, clubs deportivos da zona, atletas e colaboradores da proba.
Paralelamente á I Carreira Popular no Galiñeiro, que contará con 12 km de percorrido, tamén se levará a cabo o I Mini Carreira Popular, esta de 6,7 km. Ambas se desenvolverán por asfalto e terra e terán como saída e meta o Merendeiro do Monte Galiñeiro en Vincios.
O prazo de inscrición xa está aberto e a cota será de 9€ e 1€ por aluguer do chip. As nais e pais participantes poderán deixar aos seus fillos no Servizo de Gardería que a organización poñerá a súa disposición para facilitar, deste xeito, a participación na competición.
Ademais destas dúas carreiras, tamén haberá distintas probas deportivas para as categorías menores, na zona do Merendeiro do Galiñeiro cuxas inscricións serán gratuítas.
Entre os obxectivos deste I Carreira Popular atópase, ademais do fomento do deporte na zona, o desexo de realizar unha acción social coa recolleita de produtos non perecedoiros, que voluntariamente poderán achegar os atletas e público en xeral.