Pese a chuviosa mañá do pasado sábado, día 17 de novembro, a Concellería de Deportes e o club de Piragüismo Val Miñor, levaron a cabo a xornada de piragüismo gratuíta prevista, coa intención de promocionar o deporte entre os mais cativos..
Deportes
Xornada aberta de piragüismo infantil en Gondomar
Este sábado, día 17 de novembro, a Concelleria de Deportes de Gondomar e o club de Piragüismo Val Miñor, organizan unha xornada de piragüismo gratuíta para todos os nen@s que queiran participar.
Sean Poynter, líder no ranking mundial de Paddle Surf proba unha nova liña de táboas nas olas de Patos
O surfeiro norteamericano Sean Poynter, líder do ranking mundial na modalidade de Stand Up Paddle, visitou este martes 13 de novembro as praias de Nigrán. A cita tivo por obxecto presentar unha nova liña de táboas de surf Starboard.
Inscricións abertas para a VII Marcha BTT Concello de Nigrán
Os amantes do ciclismo teñen o vindeiro domingo unha cita co deporte, coa celebración da VII Marcha BTT Concello de Nigrán. A marcha, organizada pola Peña Ciclista Val Miñor en colaboración co Concello de Nigrán, está dirixida a todos os ciclistas maiores de 16 anos que dispoñan de licenza federativa.
Aberto o prazo de matrícula para as escolas deportivas do curso 2012 -2013 en Gondomar
A Concellería de Deportes do Concello de Gondomar informa que mantén aberto, dende o pasado día 17 de setembro, o prazo de inscrición das escolas deportivas municipais. As actividades que se ofertan para o curso 2012/2013, e que comezarán o vindeiro día 1 de outubro, son as seguintes:
O Club de Bolos A Xunqueira obtivo o X Torneo de Bolos Celtas Concello de Gondomar.
O Club de Bolos A Xunqueira acadou o X Torneo de Bolos Celtas Concello de Gondomar, disputado o pasado durante a pasada fin de semana en Peitieiros. Nas instalacións do Club de Bolos de Peitieiros déronse sita 70 xogadores - a maioría de institucións da bisbarra-, onde tiveron lugar máis de 25 partidas. O evento contou coa colaboración da Concellaría de Deportes de Gondomar.
IX edición da Val Miñor Cup que congregará a promesas do fútbol de Galicia e Portugal.
- A competición disputarase entre os campos de URECA e de Condomínguez, na modalidade de Fútbol 7.
- A IX Val Miñor Cup, Trofeo Profand reunirá a 16 clubs procedentes Galicia e o norte de Portugal.
O Val Miñor engalanado para recibir á Volta Ciclista a España
O Val Miñor prepara as súas mellores galas para recibir á Xª estapa da Volta Ciclista a España 2012..
Os balcóns e veciños de Sabarís vestiranse de gala para a ocasión para partipar no concurso da Deputación de Pontevedra, á vila máis fermosa pola que pase a Volta.
Gondomar porá un autubús de dous pisos para que os cativos poidan seguir a volta dende o máis alto. A ludoteca de Gondomar preparará un escudo xigante do concello que se poderá ver dende o ceo.
Nigrán non ten previsto nada na súa axenda oficial de deportes ou cultura co gallo da Volta.
Este sábado comeza o XXXIII Torneo de Tenis Concello de Nigrán.
As instalacións deportivas municipais Dunas de Gaifar, en Panxón, albergarán desde o vindeiro sábado 25 de agosto e ata o vindeiro sábado 1 de setembro o XXIII Torneo de Tenis Concello de Nigrán Trofeo Talesport-Balneario de Mondariz. Nesta edición participarán máis de 200 tenistas federados e non federados, desde benjamines ata veteranos. Os afeccionados a este deporte poderán gozar de partidos de tenis desde este sábado 25 a partir das 9.00 horas e ao longo de toda a semana. A final terá lugar o 1 de setembro ás 18.00 horas.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL