Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O campo As Cercas de Gondomar acollerá as III Xornadas de Xogos Populares para alumnos de 4º de primaria do Val Miñor.

O campo As Cercas de Gondomar acollerá as III Xornadas de Xogos Populares para alumnos de 4º de primaria do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
As-Cercas

Este venres 31 de maio, a partir das dez da mañá, no campo das Cercas de Gondomar, os colexios do Val Miñor organizan unha xornada de xogos populares para o alumnado de 4º de Primaria. O número aproximado de participantes será de 300, acompañados polo seu profesorado. A este número hai que engadir os monitores e monitoras de Sexto de Cruz-Camos e Xosé Neira Vilas de Peitieiros.

O encontro está organizado polos Equipos de Dinamización Lingüística dos colexios e celébranse por terceiro ano consecutivo. Os nenos e as nenas volverán xogar cos aros, canicas, peóns, distintos tipos de chaves, ó marro, e pasarán unha mañá completa de confraternidade cos compañeiros dos centros participantes.