Domingo, 10 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

"Un chorizo bueno" contra o dispendio de diñeiro público na túa vila.

Correo-e Imprimir PDF

MOOVERANG-IMAGEN-1024x576#CombateElDespilfarro é a etiqueta coa que se está a promocionar a App Mooverang dirixida a facilitar a organización da economía persoal. Este programa para dispositivos móbiles que conta co aval da OCU (asociación de consumidores de España) orquestou unha campaña publicitaria que está a dar que falar nestes tempos electorais. Creada pola axencia BTOB titulada "El chorizo bueno" búscase visualizar o dispendio de diñeiro público que salpimenta todo o estado español.

Expertos sinalan as terapias xenéticas como a estratexia máis eficaz no tratamento de enfermidades raras.

Correo-e Imprimir PDF

A alteración de tan só un dos miles de xenes que compoñen o xenoma humano pode provocar trastornos graves na saúde das persoas. O cancro é a enfermidade máis coñecida de todas as causadas por unha mutación xenética, pero existen moitas outras, algunhas delas aínda pouco coñecidas polo feito de que afectan a un número moi reducido de persoas. Son as denominadas enfermidades raras, patoloxías polo xeral hereditarias para as que os estudos xenéticos e as terapias xénicas se revelaron en moitos casos como as estratexias máis eficaces no seu diagnóstico e tratamento.
Así o explicaron hoxe os expertos participantes no seminario científico organizado polo Instituto de Investigación Biomédica (IBI) no marco do proxecto Biocaps. Os cinco relatores que hoxe desagregaron no Colexio Médico de Vigo importantes avances no tratamento das enfermidades raras máis comúns ofreceron perspectivas complementarias sobre os aspectos epidemiolóxicos, xenéticos, clínicos e terapéuticos que as rodean.

O queixo almacenado sen envasar ao baleiro ten mellor sabor

Correo-e Imprimir PDF

gal1Dez expertos realizaron 12 catas nas que confirmaron que as pezas que maduran ao aire endurecen máis.
Elaborado na Terra Chá, o queixo con DOP San Simón da Costa é un produto feito con leite de vaca pasteurizada afumado con madeira de bidueiro e cun sabor suave. Unha delicia que cambia moito no padal dependendo de como sexa, por exemplo, o seu modo de almacenamento. Na súa tese de doutoramento Verónica Bargiela, da Universidade de Vigo, fixo un estudo reolóxico e bioquímico ao longo da maduración no que se determinou que aquelas pezas que son almacenadas sen envasar ao baleiro teñen unha mellor textura, sabor e aroma.

Un satélite da Universidade de Vigo monitorea a contaminación acústica e do aire de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

gal1Demostrar que unha constelación de picosatélites podería mudar para sempre as comunicacións en zonas do mundo nas que non existen infraestruturas terrestres é un dos obxectivos centrais do proxecto Humsat, que a Universidade de Vigo puxo en marcha en 2013 co lanzamento ao espazo do satélite Humsat-D.

Apicultores galegos divulgan informe que alerta da drástica diminución da poboación de abellas silvestres .

Correo-e Imprimir PDF

bees 6-11Recentemente Greenpeace publicou un novo informe sobre a importancia das abellas: "Plan Abellas. Vivir sen praguicidas. O cambio cara á agricultura ecolóxica". O informe amosa varias alternativas fronte ó modelo predominante de agricultura que está na base da ameaza. Nese senso a Asociación Galega de Apicultura (AGA), posiciónase a prol dun modelo de agricultura ecolóxica, declaración que acompaña a publicación do devandito informe na súa web.

A Xunta dá marcha atrás e manterá as características da proba do talón.

Correo-e Imprimir PDF

A Xunta de Galicia deu marcha atrás e manterá as características da proba do talón. Galicia aplicará unha análise de 29 patoloxías no diagnóstico a recén nacidos, anunciou o Sergas, despois da polémica aberta cando asociacións de pacientes e pediatras denunciaron a súa intención de reducilas a unha ducia.

Un “dragón amarelo” está a estragar os limoeiros do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

dragon-amarelo-3-550

A praga transmite unha enfermidade coñecida como o "dragón amarelo", que está a esmorecer e até matar principalmente aos limoeiros, aínda que tamén ataca outros cítricos. O causante é un insecto denominado Trioza erytreae (psílido africano dos cítricos), e xa foi detectada a súa presenza en Monte Lourido, Vilariño e A Ramallosa polo Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra (Consellería do Medio Rural e do Mar). Declarado praga en toda Galicia dende o pasado 10 de febreiro, recoméndase unha serie de actuacións aos titulares de plantas afectadas antes da chegada da primavera onde a praga comezará a espallarse con maior celeridade.

Especialistas abordarán o impacto da avespa asiática e o picudo vermello no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

ciclo silenciosasEste xoves 5 de marzo a partir das 20.30 horas os investigadores Antón Vázquez Caamaño e Suso Asorey abordarán o impacto do picudo vermello e a avespa velutina no Val Miñor e contorna. A presentación do coloquio estará a cargo de Pablo Casal Núñez, profesor de Ed. Física e membro do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). A actividade desenvolverase no marco do ciclo "Invasoras silenciosas. Novas pragas no Val Miñor", organizado polo IEM na Aula de Cultura Ponte de Rosas (avda. da Feira 10, baixo, Gondomar).

Alumnos do CUVI aprenderán a “relaxarse” cunha mestura de arte e terapia.

Correo-e Imprimir PDF

rocio iglesias cuviArte e terapia, esta é a mestura que se propón nun novo obradoiro consistente nunha actividade de mediación artística bautizada co suxestivo título "Pintando co corazón", segundo dá a coñecer o Diario da Universidade de Vigo (DUVI). "Pretendemos que as nosas alumnas e alumnos se expresen en linguaxes distintas ás que coñecen permitindo que amplíen as súas capacidades de coñecemento e expresión", subliña Rocío Iglesias, responsable do Gabinete Psicopedagóxico, que será a encargada de impartir o curso.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL