A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor convoca para este mércores 19 de novembro ás 20:00h no Auditorio Auditorio do Concello de Nigrán, unha charla-coloquio na que se informará sobre a libre elección de hospital de referencia ás persoas que actualmente están adscritas ao hospital privado POVISA. Na charla-coloquio intervirán, ademais do Portavoz da Plataforma, Vicente Lobato, Jesús Araújo, médico otorrinolaringólogo no CHUVI, e Concepción Nogueiras Santas, médico de atención primaria.
VM. info emitirá en directo por internet a charla - coloquio sobre a libre elección de hospital de referencia ás persoas que actualmente están adscritas ao hospital privado POVISA. Podes seguir a emisión aquí