Baixo o lema “O INSS mátanos de fame” este xoves ás 9:30 horas está convocada unha concentración de apoio a doente de cancro Beatriz Figueroa, fronte ao Xulgado do Social de Vigo (antigo edificio). Nese intre, Beatriz deberá asistir á vista pola demanda que ela presentara hai una ano co xeito que lle permitan unha cobertura digna por incapacidade para levar adiante o tratamento.
A Beatriz lle diagnosticaron un cancro de mama en marzo do ano 2011 estando no desemprego. Foi intervida en maio de 2011, recibiu tratamento de quimioterapia e novamente foi intervida en marzo de 2012. A administración tenlle denegado a incapacidade en tres ocasións.
Os seus únicos ingresos dende hai tres anos son unha prestación de 426 euros, a pesar de ter cotizados 20 anos. A delicada situación económica pola que atravesa agrava o seu estado de saúde pois debeu abandonar o 40% dos seus medicamentos.
Ante a terceira denegación en setembro de 2013 presentou unha demanda, a que tras un ano terá a vista xudicial este xoves 23 de outubro ás 9:30 horas.