-Unha paciente galega e no paro é a autora dunha iniciativa de Lei presentada ante o Congreso dos Diputados para evitar a exclusión social das persoas afectadas por cancro. A causa pode ser acompañada pola cidadanía asinando o petitorio "No a la exclusión social por el cáncer" no sitio change.org .
Milleiros de pacientes con cancro están no paro ou malamente sobrevivindo con subsidios de 426€ no mellor dos casos. A dura loita contra a enfermidade deben enfrontarlla nos límites da exclusións social, e pelexando contra as Administracións do Estado, máis preocupadas en cumprir cos obxectivos das políticas de recortes sociais que en atender as súas necesidades. Realidade doada de comprobar con só ler algúns dos artigos do portal "La vida no sigue igual" no que Beatriz Figueroa, una galega afectada por esta doenza, dá conta da loita que está a desenvolver dende hai tres anos para sobrevivir á enfermidade e á fame.
Ela e mais o catedrático en Dereito do Traballo e a Seguridade Social da Universidade de Vigo, Jaime Cabeza Pereiro, acaban de presentar ante o Congreso dos Deputados a través da portavoz do BNG Olaia Fernández Davila, unha iniciativa de Lei para que o Estado faga efectiva a protección laboral e social das persoas con cancro. Agora piden á cidadanía que acompañen a petición asinando o petitorio "NO a la exclusión social por el cáncer" dispoñible no sitio change.org.