Un proceso de relocalización de frecuencias de televisión na banda de 800 MHZ para deixalas dispoñibles para as redes de telefonía móbil de alta velocidade (4G), obrigará a resintonizar os televisores o vindeiro domingo 26 de outubro. Nese senso o Ministerio de Industria, Energía y Turismo informou este xoves que botará andar unha campaña informativa a partir do mércores 15. Na maioría das vivendas se adianta que só constará dunha operación co mando da TV. No caso das antenas colectivas en edificios a adaptación deberá facela persoal cualificado e o Estado destinará subvencións a tal fin. En todo caso a cidadanía pode informarse na web www.televisiondigital.es e nos teléfonos 901 20 10 04 e 954 30 77 96.
Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor
A bolboreta que dá cobertura ás persoas con trastorno mental do Val Miñor necesita máis apoios.
A Asociación Avelaíña conmemorará o Día Mundial da Saúde Mental inaugurando novas instalacións en Baiona. Na bisbarra e contorna ofrece servizos de apoio a máis de 400 persoas con algún tipo de trastorno mental. Delas, 25 participarán deste centro de rehabilitación que pechou en Gondomar e este venres reabre na Vila Real. Máis este servizo vital para as familias do Val Miñor non é o coñecido nin “recoñecido” suficientemente. Ter máis próxima a realidade pola que atravesa Avelaíña foi obxecto desta entrevista co seu equipo de fornecedores.
Sanitarios do centro de referencia do ébola en Galicia advirten que non están preparados
Cada vez son máis as voces críticas coa xestión do Goberno no caso do évola. Ademais do evidente erro que permitiu o contaxio da enfermeira de Becerreá en Madrid, agora son os profesionais sanitarios os que alertan que non están preparados para facer fronte a pandemia. De feito, no hospital Carlos III de Madrid vivíronse onte algunhas escenas de pánicos, con operarios chorando e algúns abandonando o seu posto de traballo.
En Galicia, son os especialistas encargados de xestionar a crise os que advirten que non teñen medios dabondo. A xunta de persoal do complexo universitario de Vigo, ao que pertence o hospital Meixoeiro, centro de referencia en Galicia fronte ao évola, fala de carencias tanto de materiais como de formación.
O PP rexeita modificar a lei da Seguridade Social para dar máis coberturas aos doentes de cancro.
A maioría parlamentaria do PP no Congreso impide que prospere a proposición de lei presentada polo BNG para mellorar a cobertura laboral e de seguridade social aos enfermos de cancro. Iniciativa que recolle o reclamo que lidera a viguesa Beatriz Figueroa, doente desta enfermidade que foi quen de acadar máis de medio millón de sinaturas de apoio á proposta.
A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu onte martes á tribuna da Cámara a defender a proposición de lei do BNG, que dá resposta a unha demanda social, para que se mellore a cobertura laboral e de Seguridade Social ás persoas enfermas de cancro.
FADEMGA denuncia a falta de apoios da Xunta ao servizo San Francisco para persoas con discapacidade mental.
Con máis de 15 millóns de euros foron beneficiadas a través de axudas, préstamos e concertos do Estado e Xunta, dúas empresas privadas para a prestación de servizos a persoas discapacitadas en Galicia. Pola contra, a asociación sen ánimo de lucro San Francisco, con sede no barrio de Coia (Vigo), podería ter que pechar tras 47 anos de servizo ante a falta de axudas para acondicionar as súas instalacións.
FADEMGA advirte que a medida afecta a 73 pacientes e 20 traballadores que non serían acollidos polas novas empresas.
VIDEO | Ovos de raia. Queres ver como nace unha raia?
Seguramente nun deses paseos pola praia de Lourido, Panxón, ou Ladeira, topaches na area con restos destes ovos parecidos a unha vacaloura.
Realmente son os restos dos ovos das raias ou mesmo de quenllas ou tiburóns, xa que comparten parentesco con estes últimos.
Afectados maniféstanse contra a privatización do servizo social para persoas con discapacidade.
Unha concorrida manifestación tivo lugar en Vigo por parte de familiares, usuarios e traballadores en defensa da Asociación Galega San Francisco (AGASFRA)
A Xunta de Galicia sacou a concurso público o servizo de atención a persoas con discapacidade que até o de agora cumpría en Coia a Asociación Galega San Francisco (Agasfra). A medida afecta a 74 usuarios e deixará na rúa próximo a 20 traballadores desta organización sen ánimo de lucro.
VIDEO | Enxeñeiros estudan como traer Oasis of the Seas e amarralo ao porto de A Guarda
O cruceiro máis grande do mundo partiu do porto de Vigo o pasado sábado, pero xa hai "enxeñeiros" que estudan como poderían traelo e sacalo do dique de abrigo do porto de A Guarda. Unha manobra complicada para o capitan do buque, pero pan comido para calquera mariñeiro experto guardés.
Coñece “Ello”, a nova rede social que quere desbancar a Facebook.
Ello, a rede social "anti Facebook" vólvese viral aínda en face Beta. Coa frase "Vostede non é un produto", o portal recibe aos internautas. Engade "Ello non vende publicidade. Tampouco vendemos información sobre vostede a terceiras partes", di a compañía. Solo se ingresa por invitación.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL