Seguramente nun deses paseos pola praia de Lourido, Panxón, ou Ladeira, topaches na area con restos destes ovos parecidos a unha vacaloura.
Realmente son os restos dos ovos das raias ou mesmo de quenllas ou tiburóns, xa que comparten parentesco con estes últimos.
Neste caso trátase da eclosión dunha raia *Sympterygia brevicaudata do Pacífico sur. O vídeo foi captado por unha bióloga mariña chilena, e é dos poucos vídeos na rede onde se ve o nacemento desta especie.
VIDEO de Mylene Edith