Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Saúde

A Festa da Auga remata con case 200 positivos por alcoholemia e drogas.

Correo-e Imprimir PDF

FOTO-2-DISPOSITIVOComo acontece tras grandes eventos como a Arribada de Baiona, as mega festas populares teñen un plus dende hai tempo: os controis de drogas e alcohol de Tráfico nas saídas. Esta vez a Garda Civil de Tráfico detectou e denunciou 180 condutores que partían da Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa. Deles 19 deron resultados positivos en drogas e os 170 restantes por alcohol. En total realizáronse 3.068 probas, segundo deu coñecer este luns o corpo de seguridade.

Denuncias

Dos 170 condutores que deron positivo, a 161 denuncióuselles por vía administrativa, mentres que aos 9 restantes instruíronselles dilixencias para o seu posterior traslado á autoridade xudicial por superar a taxa de 0,60 mg/l en aire expirado.

Falso teito cae sobre unha paciente en plena consulta no novo hospital de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

rotura teiti hosp cunqueiroUn novo contratempo xurde nas instalacións do novo hospital Álvaro Cunqueiro. Os feitos foron confirmados a este medio por representantes sindicais. Aparentemente a persoa non sufriu máis dano que o golpe na cabeza e o susto lóxico polo imprevisto. Trátase do segundo incidente de importancia en menos dunha semana, debido a fallos nas instalacións  recentemente inauguradas.

#VIDEO #Sanidade O novo hospital de Vigo fai augas

Correo-e Imprimir PDF

pingueiras1O edificio fixo augas literalmente e anegou as consultas de xinecoloxía que sufriron importantes atrancos no seu desenvolvemento.

Admisión, consultas externas e aparcadoiros quedaron anegados tralo que fontes do persoal supón debeuse á rotura dunha tubería nos andares superiores. “Nin choveu nin tivo lugar unha enchente” ironizaban membros do persoal que protestaban polas insuficiencias loxísticas deste hospital a menos dun mes da súa posta en marcha.

Especialistas internacionais presentarán as novas técnicas hipopresivas en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

3 HipoplayaUn conxunto de exercicios posturais e respiratorios coñecidos como "técnicas hipopresivas" ten tomado pulo na última década no eido das terapias e ximnasias saudables. As mesmas foron presentadas a pasada fin de semana en Nigrán pola Low Pressure Fitness, entidade promotora da especialidade. Agora será Gondomar quen acollerá unha conferencia e clase práctica sobre esta técnica este xoves 30 de xullos ás 19 horas no Centro Neural (Avda. Don Diego de Sarmiento de Acuña s/n).

A maioría das praias de Baiona e Nigrán acadan niveles de excelencia segundo o control do SERGAS.

Correo-e Imprimir PDF

monteferro-praias-nigranEsta análise non outorga bandeiras para izar pero os seus informes son os que toma en conta o Estado español e a Unión Europea nas estatísticas e regulamentos oficiais. Nese senso a bisbarra acada boa nota pois sete praias ou augas de baño, segundo a terminoloxía do servizo, reciben  a excelencia, mentres que catro son cualificadas como boas.

Así o determina o informe de Vixilancia Sanitaria das zonas de baño de Galicia emitido para este verán polo Servizo Galego de Saúde. En Nigrán as praias de Patos, Área Fofa, Madorra e Lourido (Praia América), acadan a categoría "Marítima excelente", a mellor nota que outorga a avaliación baseada na normativa estatal e europea. A mesma cualificación obtén A Barbeira e a Dos Frades en Baiona, ao igual que A Ladeira, que tras catro tempadas con cualificacións negativas, dende o pasado ano logra superar os controis.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL