Martes, 15 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde A Festa da Auga remata con case 200 positivos por alcoholemia e drogas.

A Festa da Auga remata con case 200 positivos por alcoholemia e drogas.

Correo-e Imprimir PDF
FOTO-2-DISPOSITIVO
FOTO-3-TICKET
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Como acontece tras grandes eventos como a Arribada de Baiona, as mega festas populares teñen un plus dende hai tempo: os controis de drogas e alcohol de Tráfico nas saídas. Esta vez a Garda Civil de Tráfico detectou e denunciou 180 condutores que partían da Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa. Deles 19 deron resultados positivos en drogas e os 170 restantes por alcohol. En total realizáronse 3.068 probas, segundo deu coñecer este luns o corpo de seguridade.

Denuncias

Dos 170 condutores que deron positivo, a 161 denuncióuselles por vía administrativa, mentres que aos 9 restantes instruíronselles dilixencias para o seu posterior traslado á autoridade xudicial por superar a taxa de 0,60 mg/l en aire expirado.

Repartíronse multas de entre 1000 e 500 euros máis quitas de puntos.

A festa vai saír cara para os que xa tiñan unha sanción pola mesma causa nos últimos 12 meses. A Garda Civil sinala no comunicado que esas persoas foron multadas con 1.000€ e a detracción de 6 puntos. Esta mesma sanción e detracción de puntos aplícase tamén a aqueles condutores que circulen cunha taxa que supere o dobre do permitido.

 Para os non reincidentes e para os que dean un taxa entre 0,25 e 0,50 mg/l a sanción é de 500€ e a detracción de 4 puntos.  Engaden que aqueles que sexan postos a disposición xudicial enfróntanse a penas de prisión ou multa e en todo caso privación do dereito a conducir por un tempo superior a un ano e un día.

Condutores sen licenza ou inhabilitados pola xustiza

O operativo tamén acadou a detención e imputación a catro condutores por supostos delitos contra a seguridade viária. Dous por conducir tras esgotar o saldo de puntos do seu permiso de conducir . Outro interceptado por un vehículo policial ao saltarse un punto de control de alcohol/drogas, e outro máis por carecer de permiso para conducir e o último por conducir tamén sen licenza por sentenza xudicial.

Controis de drogas

Realizáronse 29 probas de detección de drogas aos condutores das cales 19 resultaron positivas, é dicir o 65,5% do total. Todos eles remataron cun expediente denuncia por vía administrativa.

A Garda Civil sinala que como vén sendo habitual, entre as drogas máis consumidas están o cannabis (14 casos), a cocaína (5 casos). Ademais en 5 condutores detectouse policonsumo, é dicir, positivo a máis dunha sustancia, nun determinado o analizador de drogas detectou a presenza de ata catro sustancias - cocaína, THC 25, metanfetaminas e anfetaminas.

Lembran que no caso das drogas, a lei prohibe conducir con presenza de drogas no organismo do condutor, quedando excluídas as sustancias que se utilicen baixo prescripción facultativa e cunha finalidade terapéutica. Esta infracción catalogada como moi grave está castigada cunha sanción de 1.000€ e a retirada de 6 puntos.

Máis probas de drogas a futuro

As probas salivares para a detección da presenza de drogas nos condutores estanse incrementando progresivamente coa idea de chegar a xeneralizarse como as que se fan para a detección do alcohol, sinalan. Afirman que este incremento progresivo dos controis de drogas entre os condutores é consecuencia da alta porcentaxe de condutores que conducen con presenza de drogas e alcohol ao volante.

Así, no último informe DRUID´13, o 12% dos condutores elixidos ao azar deron positivo en alcohol e drogas por encima dos límites legais.

Balance policial

A Garda Civil o balance non é satisfactorio  “índa que son unha minoría os condutores que arroxaron resultado positivo sobre o total dos condutores sometidos ás probas” Advirten que o consumo das sustancias referidas fai “que multipliquemos o risco de sufrir ou provocar un accidente”.

Ademais, sinalan,  repercute nunha maior mortalidade, ao ser factores relacionados cun peor prognóstico nas lesións sufridas “segundo refiren os expertos si eliminásese o consumo de drogas e alcohol polos condutores, poderíanse salvar 1.000 vidas cada ano”.

A cara positiva dos controis

O aspecto “positivo” segundo o comunicado “ enmárcase na inexistencia de ningún sinistro vial grave nas vías interurbanas limítrofes a esa localidade”.

Engade un feito cívico a destacar, que cinco cidadáns senegaleses que viaxaban nun vehículo, pararon ante un punto de control e fixeron entrega aos gardas civís de Tráfico presentes dunha carteira que acharon perdida e que contiña diñeiro en efectivo e documentos persoais.

Seguirán os controis

Pese a que a Festa do Auga finalizou, a Garda Civil de Tráfico advirte que continuarán realizando controis de alcohol e drogas aos condutores “a calquera hora do día e en calquera estrada co obxectivo de disuadilos de conducir”.