Un novo contratempo xurde nas instalacións do novo hospital Álvaro Cunqueiro. Os feitos foron confirmados a este medio por representantes sindicais. Aparentemente a persoa non sufriu máis dano que o golpe na cabeza e o susto lóxico polo imprevisto. Trátase do segundo incidente de importancia en menos dunha semana, debido a fallos nas instalacións recentemente inauguradas.
Fontes sindicais sinalan que este mércores pola mañá presentaron ante a Inspección de Traballo unha lista de irregularidades e fallos importantes detectados no hospital. Os representantes dos traballadores afirman estar preocupados pola seguridade tanto dos funcionarios como dos usuarios do hospital. Aspectos que, anuncian, serán feitos públicos o vindeiro venres nunha rolda de prensa.