Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Saúde

A sanidade pública galega, "en perigo de extinción"

Correo-e Imprimir PDF

conselleira-Sanidade-visita-hospital-Vigo"A sanidade pública galega está en perigo de extinción, ameazada de sufrir un colapso en canto se empecen a pagar os canons polos servizos externalizados e o gasto en farmacia e material siga sen control, a pesar dos copagos". É o presidente de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, quen fai esta advertencia ante o deterioro da sanidade púbica.

Os médicos cargan contra a lei do aborto de Gallardón.

Correo-e Imprimir PDF

medicos do mundo-Médicos do Mundo e tres sociedades científicas denuncian que a próxima lei do aborto “vulnera o dereito a decidir” e “atenta contra a igualdade e liberdade das mulleres”.

Ante a posible aprobación en Consello de Ministros do anteproxecto da lei do aborto, Médicos do Mundo e tres sociedades científicas federadas na Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria (SESPAS)  subscriben un comunicado onde manifestan a súa oposición a calquera diminución “da autonomía, os dereitos e a saúde das mulleres”. Sinalan que a modificación en estudo, “é contraria aos compromisos internacionais en materia de dereitos sexuais e reprodutivos”.

Solicitan ao Goberno español, ademais da retirada do texto lexislativo, que garanta o acceso a unha educación afectivo-sexual e que facilite ás mulleres o acceso a métodos anticonceptivos modernos e seguros, incluíndo a anticoncepción de urxencia.

Afirman que de aprobarse a norma, impoñerá unha demora dos tempos que pode afectar negativamente aos prazos recomendables para un aborto seguro. Ase mesmos  os médicos asinantes denuncian que incrementará a brecha de desigualdade social e económica, pois as mulleres “con suficientes recursos económicos evitarán ese calvario e buscarán a forma de interromper o seu embarazo fóra do noso país, mentres que as mulleres sen recursos recorrerán a abortos inseguros ou se verán obrigadas a facer fronte a embarazos non desexados”.

A Fundación Menela presenta un programa de educación permanente dirixido a persoas con autismo.

Correo-e Imprimir PDF

manela-en-nigranA Fundación Menela desenvolverá en Nigrán un programa de educación permanente destinado a persoas adultas con autismo. "Unha cuestión básica e fundamental ao longo de todo o seu ciclo vital", segundo explicou Cipriano Jiménez, director xeral da fundación durante a presentación do proxecto este venres no Salón de Plenos de Nigrán.
Destacouse a posta en marcha de programas estimuladores "para o enriquecemento" das súas habilidades sociais, autonomía persoal e preparación para a realización daquelas tarefas máis adecuadas atendendo ás súas posibilidades, "polo que o proceso educativo non debe acabar en ningún caso nas escolas de educación especial, senón prolongarse ao longo de toda a súa vida", apuntou o director de Menela.

Doentes de cancro de mama e outras doenzas crónicas celebrarán un encontro de tres días en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

cancermamaDo venres 13 ao domingo 15 de xuño a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mamas (ADICAM) celebrará unha convivencia coas súas asociadas na Residencia de Ocio e Tempo Libre de Panxón. O grupo estará  formado pro trinta mulleres  de Cangas, Vigo e A Coruña que durante a fin de semana desenvolverán unha programación dirixida á información, ocio e  tempo libre, no contexto de hábitos saudables a prol de melloras na calidade de vida . A inauguración terá lugar o venres 13 ás 17 horas na residencia coa asistencia da presidenta de ADICAM, Josefa Acuña Graña, A  Concelleira dos Servizos Sociais do Concello de Cangas,  Dolores Gallego e a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia Susana López Abella.

Baiona acollerá o encontro anual dos parlamentarios nacionais e autonómicos do eido da Sanidade.

Correo-e Imprimir PDF

paradormonteboiO Parador Nacional de Baiona será a sede do V Encontro Global de Parlamentarios de Sanidade que organiza Sanitaria 2000, empresa editora de Redacción Médica. Esta nova edición terá lugar os días 13 e 14 de xuño e reunirá aos deputados da Comisión de Sanidade e Servizos Sociais do Congreso e do Senado; ademais de parlamentarios das distintas comisións de Sanidade e de Saúde das Cortes, Asembleas e Parlamentos autonómicos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL