Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Saúde

200mil: “Alguén terá que dar resposta mañá á cidadanía”.

Correo-e Imprimir PDF

mani saude vigoO impresionante rexistro fotográfico compartido nas redes pola CIG era acompañado do reclamo: “Alguén terá que dar resposta mañá  á cidadanía”.

Unha multitude invadiu as rúas viguesas en reclamo dunha sanidade “100% pública”. Duascentas mil segundo a seguridade da manifestación convocada pola CIG e corroborada polos servizos policiais presentes, segundo valorou a VM. Info a mesma fonte. Vigueses e xentes achegadas en vehículos dende todo o país.

“Foi unha resposta contundente contra os recortes e as privatizacións na saúde”, salientaba  María Xosé Rodríguez da mesa de traballadores do novo hospital Álvaro Cunqueiro, en declaracións a este medio cando estaba a acontecer a mobilización .

Unha cámara móbil do equipo de K12 Comunicacións emitiu en directo a mobilización que retransmitiu VM.info

SOS Sanidade Pública chama a toda a poboación a participar na manifestación de hoxe en Vigo

Correo-e Imprimir PDF

conselleira-Sanidade-visita-hospital-VigoA Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia súames ao chamamento da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo e aos colectivos que a integran, ás entidades da área afectadas e á Xunta de Persoal e sumarase a súa convocatoria de manifestación de hoxe dia 3 de setembro ás 8 da tarde en defensa do carácter público do Novo Hospital "Alvaro Cunqueiro" afectado polos recortes e a deficiencias do modelo de financiamento privado.

A AD Vincios cumpre co reto do cubo de auga xeada e nomina a clubs de Pontevedra, A Coruña e Portugal.

Correo-e Imprimir PDF

ad-vincios-augaXogadores, adestradores e directivos da Agrupación Deportiva Vincios de Tenis Mesa recibiron o súa cota de auga xeada, para así cumprir co reto que acompaña os donativos á campaña de apoio á investigación da Esclerosis Lateral Amiotrófica (ELA).

#Gondomar acollerá este martes o reto do cubo de auga xeada en apoio aos enfermos de ELA

Correo-e Imprimir PDF

als-reto-cubo-agua-2014Hoxe as 7.45 da tarde na pista polideportiva do IES Terra de Turonio e organizado pola AD Vincios (equipo de Tenis mesa) farase o reto do cubo de auga xeada como apoio e chamado e atención para que se siga   investigando para atopar a cura da ELA (Esclerosis lateral amiotrófica) e outras enfermidades neuromusculares dexenerativas.

A partir deste martes comeza a ser de pago o aparcadoiro do novo hospital de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

hospital cunqueiroA partires de mañá, martes 18 de agosto, o aparcadoiro do hospital Álvaro Cunqueiro comezará a ser de pago.

Transitoriamente até as 16 horas e hasta que o transporte público cobra todo o horario. O aparcadoiro do persoal do Álvaro Cunqueiro será gratuíto até o vindeiro luns 24 de agosto

A partires de mañá, martes 18 de agosto, procederase ao inicio do cobro do aparcadoiro no novo hospital público Álvaro Cunqueiro. Este pago será, provisionalmente, só para a quenda de mañá. En quenda de tarde o aparcadoiro efectuará cobros unha vez que estean en funcionamento as vindeiras liñas de autobús que conectarán o edificio sanitario coa poboación á que dá servizo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL