Martes, 15 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde #Gondomar acollerá este martes o reto do cubo de auga xeada en apoio aos enfermos de ELA

#Gondomar acollerá este martes o reto do cubo de auga xeada en apoio aos enfermos de ELA

Correo-e Imprimir PDF
als-reto-cubo-agua-2014

Hoxe as 7.45 da tarde na pista polideportiva do IES Terra de Turonio e organizado pola AD Vincios (equipo de Tenis mesa) farase o reto do cubo de auga xeada como apoio e chamado e atención para que se siga   investigando para atopar a cura da ELA (Esclerosis lateral amiotrófica) e outras enfermidades neuromusculares dexenerativas.

Dende o clube retase a outros clubes e asociacións do Val Miñor e de toda Galicia para que fagan o mesmo preferiblemente neste mes dentro da campaña “cada Agosto hasta que se encuentre la cura” que promove FUNDELA (www.fundela.info) e outras asociacións de todo o mundo e está a conseguir recadar moito diñeiro para que se abran novas liñas de investigación para atopar unha cura .